HomeA CoruñaO tríatlon Concello de Oleiros, o máis veterano de Galicia, cumpriu con...

O tríatlon Concello de Oleiros, o máis veterano de Galicia, cumpriu con éxito a súa 35º edición

- Anuncio -spot_img

A trixésimo quinta edición do Tríatlon Concello de Oleiros resultou de novo un éxito de participación e espectáculo arredor da praia e lagoa de Mera, epicentro dunha proba da modalidade sprint que contiña 750 metros de natación, 21 km de bicicleta e 5,5 km de carreira a pé.

Unha xornada chea de cor e enerxía, convertida ao longo dos anos nunha das principais referencias deste deporte en Galicia, xa que é a máis antiga das que se celebran no país. Participaron baixo as categorías absoluta, xuvenil, junior, sub23, ademais de tres niveis distintos de veteráns segundo a idade.

Tras a natación, as e os atletas realizaron a carreira en bici cara ao sur, ata Lourido, baixando de novo á zona de transición do Parque da Lagoa para correr por Tierno Galván cara a Maianca e regreso á meta da Lagoa.

Unha ocasión para que moitos triatletas de Galicia volveran a Oleiros para gozar do seu deporte favorito, e de paso dos engados turísticos dun municipio que fai do deporte un dos seus sinais de identidade.

Non se rexistraron incidentes de mobilidade, pese a que a proba afectaba a unha parte importante da localidade de Mera, a principal vía de comunicación do norte do municipio. O dispositivo municipal incidiu bastante na prevención, informando á veciñanza dos cortes motivados pola proba deportiva, o que combinado cunha excelente colaboración cidadá deu como resultado unha competición tranquila que se desenvolveu nun ambiente festivo.

Publicacións Relacionadas