O vindeiro luns 27 de abril ás 11h o BNG de Teo convoca concentración no Centro de Saúde de Folgueiras-Calo

Redacción
Lectura mínima de 1

O BNG de Teo segue denunciando públicamente as carencias que ten o concello en materia de asistencia sanitaria.

No que vai de ano, esta é a terceira concentración que o BNG fai en defensa da sanidade pública no concello de Teo.

Desta vez o BNG quere facer fincapé nos problemas que está a xerar para a poboación o feche do centro de saúde de Cacheiras os sabados pola mañá.

O BNG tamén esixe a alcaldía que inste a Xunta para que os centros de saúde estén abertos na súa totalidade nas quendas tanto de mañá como de tarde,tendo en conta o aumento da poboación de máis de 65 anos.

Comparte este artigo