Free Porn
xbporn
Home A Coruña O Xeoparque Cabo Ortegal prepárase para o acto central conmemorativo do seu...

O Xeoparque Cabo Ortegal prepárase para o acto central conmemorativo do seu aniversario

- Anuncio -

O acto celebrarase o venres á tarde na Casa da Cultura de Valdoviño, na véspera dunha nova fin de semana de actividades gratuítas abertas ao público.

Ao longo desta semana estanse a celebrar charlas divulgativas do Comité Científico e obradoiros nos centros escolares do Ortegal.

O Xeoparque Cabo Ortegal está a desenvolver esta semana unha intensa axenda de actividades, coincidindo co primeiro aniversario da súa declaración como Xeoparque Mundial pola UNESCO, a Semana Europea dos Xeoparques e o 20 aniversario da Rede Global de Xeoparques Mundiais (GGN). Unhas actividades que teñen como acto central un evento que decorrerá este venres 24 de maio, a partir das 17h, na Casa da Cultura de Valdoviño. Este acto é aberto a toda a cidadanía, sendo necesario notificar asistencia previamente a xestionaxco@gmail.com

O acto comezará coas intervencións institucionais, coa participación, de Pablo Moreda (Alcalde de Cedeira e Presidente da Asociación para a Xestión do Xeoparque Cabo Ortegal); Martina Aneiros (Delegada Territorial da Xunta de Galicia) e Valentín González Formoso (Presidente da Deputación da Coruña).

A continuación realizarase as presentacións “Un ano de Xeoparque”, a cargo do xeólogo Francisco Canosa e de Susana González, asistencia técnica da asociación e consultora da empresa Goodlife; e “Xeoparque Cabo Ortegal: Unha viaxe ao Interior da Terra”, polo xeólogo e membro do Comité Científico Ricardo Arenas. De seguido, intervirán Chris Woodley Stewart (Director do North Pennines National Landscape and UNESCO Global Geopark e Avaliador Senior de UNESCO Global Geoparks.), e Sophie Justice (Directora do Chablais UNESCO Global Geopark, Coordinadora e membro do Advisory Board da European Geoparks Network e Avaliadora Senior da UNESCO).
O evento rematará coa intervención de Alberto González, alcalde de Valdoviño, logo do recoñecemento ás Entidades Amigas do Xeoparque.

Actividades abertas ao público durante toda a semana

A celebración do primeiro aniversario do Xeoparque Cabo Ortegal comezou a fin de semana pasada, coa realización de visitas guiadas ao Centro de Interpretación das Revoltas Irmandiñas (situado no Castelo de Moeche) e ao Museo Mares de Cedeira, moi valoradas polo público asistente. Ademais, ambos centros museísticos manterán o acceso gratuíto até o domingo, no seu horario habitual de apertura.
Para esta fin de semana están previstas catro novas rutas guiadas gratuítas, para as que é preciso realizar inscrición previa a través da web https://xeoparquecaboortegal.gal/
– Ruta de aves e nutrias londras. (Sábado ás 10h). Trátase dunha ruta con desprazamentos en coches até 4 ou 5 puntos de observación para ver aves acuáticas. O percorrido rematará cun pequeno roteiro de 3 quilómetros, buscando a ruta da nutria e outro tipo de mustélidos. A duración aproximada é de 3 horas.
– Ruta dos peiraos de Cariño. (Sábado ás 16h). Nun percorrido de 10 quilómetros, nesta ruta de dificultade media – baixa que parte do Peirao de Cariño pasarase por diferentes peiraos, regresando polo monte contando como fío condutor a cultura mariñeira. Ten unha duración aproximada de 4 horas.
– XeoRuta de interior. (Sábado ás 16h). Guiada por Fran Canosa, nesta ruta visitarase a Serra do Forgoselo, as Canteiras de Toelo en Moeche e as Minas de Cobre en Cerdido, desprazándose en autocar (incluído). A súa duración é dunhas 4,5h.
– XeoRuta da costa. (Domingo ás 9.30h). Guiada por Fran Canosa, esta ruta visita os Cantís da Capelada, Cabo Ortegal e a Costa de Espasante. Inclúe autocar e a súa duración é dunhas 5 horas.
Charlas divulgativas do Comité Científico e actividades en centros educativos
Ademais das visitas guiadas, este mércores e mañá xoves, desenvolveranse dúas charlas divulgativas con membros do Comité Científico. Poderanse seguir ás 19h a través das redes sociais do Xeoparque Cabo Ortegal.

O especialista en xeomorfoloxía e membro do Departamento de edafoloxía e química agrícola da USC, Augusto Perez Alberti, será o encargado da primeira charla divulgativa, que terá lugar hoxe ás 19h e versará sobre “O patrimonio glaciar do Xeoparque Cabo Ortegal”. Mañá xoves ás 19h será a quenda de Xan Rodríguez Silvar, biólogo da Sociedade Galega de Historia Natural, que falará sobre os “Outros valores ambientais da Capelada”.

Por outra banda, o xeólogo Fran Canosa está a percorrer nesta semana os centros educativos de toda a comarca do Ortegal, realizando “xeobradoiros”. Neles Canosa ofrece ao alumando un achegamento práctico á xeoloxía da súa contorna, traballando con diferentes mostras das rochas máis representativas que se poden atopar no territorio do Xeoparque.

Colaboración da Deputación da Coruña

O proxecto do Xeoparque Cabo Ortegal está impulsado pola Asociación para a Xestión do Xeoparque Cabo Ortegal, formada por representantes dos concellos de Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño, e conta tamén co apoio da Deputación da Coruña.

Relacionadas

O BNG presentará alegacións ao novo proxecto de Decreto da Xunta da Galiza para...

0
O novo Decreto supón unha mellora na dirección das demandas históricas do BNG de Oleiros, mais é preciso garantir a protección do Monumento Natural...

A Praza dos Libros de Carballo bateu un novo récord ao superar os 1.700...

0
“De centeo de durmideiras”, de Rosalía Fernández Rial, foi o título máis vendido da plic! Hai dúas semanas estabamos a celebrar unha das mellores edicións...

Ambar presenta a creación escénica “Ping pong” dirixida por Paula Quintas

0
Hoxe día 26 presentouse en Ribeira a danza experimental con obxectos “Ping pong” argallada polo grupo de artes escénicas “Elas” de Ambar e dirixida...

A Feira dá Cebola Chata cumpre 23 anos aderezando o verán miñense

0
● O evento celebrarase o vindeiro domingo, 4 de agosto, e durará da mañá á noite. O Concello de Miño organiza, un ano máis, a...

O concello licita o proxecto de renovación dos proxectores das torres de iluminación do...

0
Investiranse 57.000 procedentes integramente de fondos municipais. O Concello vai renovar os proxectores das torres de iluminación do campo de fútbol A Porta Santa de...

O espazo de participación de infancia e de adolescencia da  Laracha realiza un roteiro...

0
Mediante esta actividade os nenos, nenas e adolescentes experimentaron realidades diversas en materia de accesibilidade para atopar eivas no deseño urbano da vila da...

Publicacións Relacionadas