Os bombeiros provinciais de Betanzos socorren a dúas persoas feridas nun derrubamento, no concello de Sada

adminON

Os bombeiros do parque Provincial de Betanzos foron alertados preto do mediodía de hoxe, 14 de outubro, dun derrubamento nunha vivenda unifamiliar en construción no concello de Sada.

O operativo despregado polos bombeiros provinciais consistiu en tarefas de salvamento a dúas persoas que resultaron feridas pola incidencia e precisaron ser trasladas a un centro hospitalario.

Comparte este artigo