Os últimos acontecementos reabren o debate sobre Monte Costa

Redacción

O incendio rexistrado na Garrocha volve a poñer de manifesto a necesidade de definir un futuro para Monte Costa e avanzar en solucións para este espazo.


No pleno do pasado mes de xuño, Alternativa constatou a falta dunha posición clara por parte do goberno local, que eludiu contestar ás preguntas da oposición e trasladou explicacións con certa discordancia.

Ante esta situación, Alternativa demandou a paralización do trámite de reversión, que permitiría devolver o uso das propiedades á Deputación de A Coruña, ata que non sexan determinadas con claridade as diferentes opcións e a viabilidade das mesmas.

Ademais, Alternativa revisará o expediente para realizar un seguimento detallado da súa tramitación e coñecer o estado actual. “Monte Costa non pode continuar sen rumbo, hai que tomar decisións con planificación e transparencia”, sinalan dende o grupo.

Comparte este artigo