Prazas e rúas de Santa Cruz acollen 13 actuacións da Escola Municipal de Música este domingo

Redacción

O roteiro musical da Escola Municipal de Música do Concello de Oleiros ten programadas 13 actuacións distintas en diferentes espazos públicos de Santa Cruz. Serán este domingo día 14 de xuño, desde as 11:00 horas.

Haberá actuacións no Monumento aos Emigrantes e na ponte do Castelo desde as 11:00 horas, no Parque Luís Seoane desde as 12:00 horas e na zona de paseo da rúa do Mar desde as 13:00 horas.

Pola tarde celebrarase o gran musical ALADDÍN! na praza de Esther Pita ás 18:00 horas, coa Orquestra sinfónica da Escola Municipal de Música, o coro La Tremenda Tremolina e a Escola Municipal de Danza.

A Big Band pechará a xornada ás 21:00 horas cun concerto na praza do Castelo.

Todas as actuacións son abertas a toda a cidadanía.

Consulta todos os horarios das diferentes actuacións nas rrss e web do Concello de Oleiros:

PARQUE DO EMIGRANTE (acústico) 11:30 – Banda Infantil 11:45 – Colectiva de Percusión   PONTE DO CASTELO (piano) 11:00 – Colectiva de Canto 11:15 – Pianos   PARQUE LUIS SEOANE 12:00 – Tuba 12:05 – Colectiva de Cordas 12:20 – Ensemble de Chelos 12:35 – Ensemble de Clarinetes 13:45 – Ensemble de Frautas   RÚA DO MAR 13:00 – Combos 13:50 – Colectiva de Gaita + Colectiva de AcordeónPRAZA ESTHER PITA 18:00h – Gran musical ALADDÍN.  Coa Orquestra Sinfónica EMMO, Coro La tremenda Tremolina, Escola de Danza   PRAZA DO CASTELO 21:00 h – Concerto da Big Band  
Comparte este artigo