Quen controla o servizo de mantemento e conservación de áreas verdes?

Redacción

Alternativa reclamou no pleno que se faga maior control das condicións de traballo previstas no contrato do servizo de mantemento e conservación de xardíns e áreas verdes no concello de Culleredo.


O grupo fixo fincapé en que non se está a garantir a seguridade viaria polos limitados protocolos de sinalización para cortar o tráfico mentres se están a executar os traballos de rozas.

A situación foi testemuñada cun accidente entre un motorista e un coche na N-550, onde so un cartel (moi sencillo) colocado na entrada de Alvedro e un operario sinalizando xunto o tractor da roza eran o medios despregados nunha vía de intensa circulación como a N-550.

Dende Alternativa sinalaban “Isto é o que pasa nun vial tan importante e transitado, que ocorre nas estradas secundarias e resto de viais?”

Por outro bando, tamén criticaron que o corte do plumacho ou herba da pampa (Cortaderia selloana) está a provocar o avance da praga, sen que exista un plan para a súa eliminación.

Comparte este artigo