Ribeira ofrece un novo curso de lingua galega preparatorio para a obtención do CELGA

Redacción

 O prazo de inscrición xa está aberto e as clases comezan no 6 de outubro

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ribeira pon en marcha un novo curso de lingua galega dirixido ás persoas, maiores de 16 anos, que se vaian presentar ás probas CELGA da Xunta de Galicia.

Este curso é gratuíto e desenvolverase en horario de tarde para dar maiores facilidades de asistencia ás persoas interesadas. Comezará no 6 de outubro e impartirase tódolos martes e xoves, de 19.00 a 21.00 horas, no Centro Cultural Lustres Rivas.

A concelleira de Promoción da Lingua, Nucha Brión, precisa que “continuamos así achegando formación arredor da nosa lingua, desta vez, para a obtención do CELGA. En vindeiras datas a anunciaremos novas accións focalizadas na promoción do galego.”

O prazo de inscrición xa está aberto e formalizarase a través do enderezo electrónico normalizacion@ribeira.gal, indicando nome, apelidos e teléfono de contacto.

Comparte este artigo