Sen avances para ampliar o aparcamento do Centro de Saúde de Portádego

Redacción

Alternativa solicitou información sobre o estado da actuación anunciada o pasado mes de setembro para habilitar novas prazas de aparcamento, nun terreo lindeiro ao Centro de Saúde de Portádego, para o persoal.


Segundo trasladou o goberno local “están pendentes de solicitar unha reunión formal coa Consellería” para abordar o proxecto.

Alternativa considera procupante que, oito meses despois de anunciar que se estaba traballando na tramitación desta actuación, non se producisen avances efectivos e o expediente continúe no mesmo punto.

Mentres continúa a problemática que afecta á veciñanza desta zona, onde a escaseza de aparcamentos no centro de saúde, fai que a parte residencial de esa zona se colapse diariamente.

Alternativa continuará a facer seguimento deste asunto e recalma maior dilixencia para avanzar nunha solución para mellorar a mobilidade nesta zona do Portádego.

Comparte este artigo