Home A Coruña Sesión ordinaria do Pleno da corporación do 15 de abril de 2024

Sesión ordinaria do Pleno da corporación do 15 de abril de 2024

- Anuncio -

O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu na xornada de onte, 15 de abril , a partir das 20.30 horas, a sesión ordinaria do Pleno da corporación correspondente ao mes de marzo, a cal contou coa ausencia do concelleiro Manuel María Durán Guillán (PP). A orde do día foi a que figura a seguir:

  1. Proposta de Alcaldía delegación de prezos públicos na Xunta de Goberno Local. Aprobada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 5 abstencións (PP).
  • Aprobación definitiva do orzamento municipal para o exercicio 2024 e resolucións das reclamacións presentadas contra a aprobación inicial. Aprobada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 5 en contra (PP).
  • Corrección erro acordo plenario do 7 de febreiro 2024 (cesión fondos Museo Valle-Inclán). Aprobado por unanimidade.
  • Proposta de Alcaldía alegacións industria de fibra textil (Altri). Aprobada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 5 en contra (PP).
  • Proposición Alcaldía elección Xuíz/a de Paz titular e substituto/a. Aprobada por unanimidade a inclusión na orde do día por non ir previamente ás comisións informativas. Aprobada por unanimidade.
  • Moción do grupo municipal do PP relativa ós galiñeiros de autoconsumo. Aprobada con 5 votos a favor (PP), 3 abstencións (BNG e VIxP) e 4 en contra (Nós Pobra e PSdeG-PSOE).
  • Moción do grupo municipal do PP relativa ó apoio ós agricultores e gandeiros españois. Aprobada a inclusión da emenda do BNG con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 5 abstencións (PP). Aprobada a moción emendada con 7 votos a favor (PP e BNG), 1 abstención (VIxP) e 4 en contra (Nós Pobra e PSdeG-PSOE).
  • Moción do grupo municipal do PP relativa ós problemas da rúa Rafael Calleja. Denegada ao contar con 5 votos a favor (PP) e 7 en contra (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP).

Finalmente, procedeuse coa segunda parte do Pleno relativa ao control dos órganos de goberno.

Ao igual ca o resto, a sesión está dispoñible na canle do Youtube do Concello da Pobra do Caramiñal.

Relacionadas

A Ribeiriña loce renovada fachada marítima

0
A valorización da fachada marítima da Ribeiriña e a recuperación dun espazo natural para desfrute da veciñanza. Con esta idea, o Ministerio para a...

A Xunta de Goberno aproba o proxecto de reparación da cuberta do pavillón municipal...

0
A Xunta de Goberno deu luz verde ao proxecto de reparación da cuberta do pavillón municipal Quiroga Palacios cun orzamento base de licitación de...

As participantes no programa “A Laracha Acolle” realizan un obradoiro de bo trato e autocoidados

0
As asistentes son mulleres de Marrocos, Paquistán, Ucraína e Colombia empadroadas no termo municipal da Laracha. No concello da Laracha estase a desenvolver desde hai...

O Concello pon en marcha un tratamento preventivo en 85 palmeiras da cidade co...

0
Este luns comeza a aplicarse acetamiprid nos exemplares existentes nos xardíns de Méndez Núñez, a rúa Santa Lucía, cemiterio de Santo Amaro, As Atochas...

Un milleiro de nenos e nenas participarán na XXIV edición do Correlingua

0
O concelleiro Gonzalo Castro destacou a importancia deste evento para “manter moi viva a lingua entre as próximas xeracións” O concelleiro da Área de Fomento...

Laxe recoñece ás persoas máis lectoras da súa biblioteca municipal

0
• As galardoadas foron Sara Khaled Danais na categoría infantil - xuvenil e María Isabel Martín Campo na categoría de adultos • Todo isto transcorreu...

Publicacións Relacionadas