Alternativa solicitou na Xunta de Goberno a instalación dun Punto Violeta no Rock in Cambre, servizo que se ofrece na maioría dos grandes eventos da comarca.
Alternativa insisitiu na importancia de ofrecer o servizo e propuxo diferentes alternativas.
O grupo propuxo o estudo da posibilidade de facelo con persoal municipal, buscar a colaboración con asociacións do concello e contorna ou a través de outras administracións públicas.
O goberno local comprometeuse a estudar as diferentes opcións e trasladou a dificultade para poñer en funcionamento do punto violeta tanto pola falta de persoal, como pola formación específica necesaria para atendelo.
Alternativa tamén solicitou información sobre as medidas de seguridade previstas e instou ao goberno a facelas públicas para a veciñanza e visitantes.

