Home A Coruña Unha plataforma dixital ofrecerá o produto turístico de Mariñas Coruñesas

Unha plataforma dixital ofrecerá o produto turístico de Mariñas Coruñesas

- Anuncio -

• A Reserva e a Asociación de Ecoturismo de España concretaron na pasada FITUR os detalles dunha ferramenta que será “clave” para impulsar o desenvolvemento do sector no territorio

A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas dará un paso “crave” para impulsar a comercialización do seu produto turístico. Unha plataforma en liña reunirá os diferentes paquetes e experiencias certificadas para facilitar o acceso ao turista.

Trátase dunha iniciativa que desenvolve a Asociación de Ecoturismo de España, coa que a Reserva coruñesa mantivo un encontro en FITUR con obxecto de concretar o seu lanzamento. E é que Mariñas Coruñesas é destino piloto dentro deste proxecto, xunto con outros 5 territorios da xeografía española, financiado con 499.877 euros do Next Generation.

Á reunión asistiu o presidente da Reserva, José Antonio Santiso, a presidenta do Club de Ecoturismo de España, Ana Chairos, o xerente do Plan de Sustentabilidade Turística, Diego López, e a xerente do Club de Ecoturismo de España, Amanda Guzmán.

A plataforma dixital estará operativa nos próximos meses. “Será un revulsivo na promoción do noso Destino, promovendo a desestacionalización e o aumento dun retorno económico real ás empresas turísticas certificadas”, explica Santiso.

Co espazo, o visitante interesado poderá acceder a experiencias como as presentadas en FITUR: paseos en catamarán eléctrico, roteiros guiados de sendeirismo, degustacións, observación de estrelas, e, en xeral, calquera circuíto, actividade ou paquete que se comercialice, impulsando que chegue a un público maior e con máis facilidades.

Ademais, na cita, Mariñas Coruñesas propuxo a realización dunha formación grupal para as empresas da marca para favorecer a súa entrada na nova ferramenta.

Relacionadas

O goberno ribeirense apoia a veciñanza de Aguiño e solicita que Sanidade cubra todas...

0
Hoxe, diante do Concello de Ribeira produciuse unha concentración masiva na que se fixo entrega de máis de 2600 sinaturas para reclamar a presenza...

O Concello acorda con Augas de Galicia un prazo de seis meses para estudiar...

0
 O goberno municipal reuniuse a pasada semana co organismo autonómico e presentoulle as auditorías externas que analizaron o estado das redes de abastecemento...

O Concello completa a restauración do muíño do parque de Santa Margarida

0
A alcaldesa visitou a contorna para supervisar os traballos levados a cabo no enclave, un dos elementos etnográficos de maior relevancia do parque Inés Rey:...

Neda activará un programa para que a xente maior aprenda a quitarlle partido aos...

0
O Concello porá en marcha cursiños sobre competencias dixitais coa axuda da Deputación da Coruña O Concello de Neda reforzará, co apoio da Deputación da...

O alcalde de Brión entrega os premios do Concurso de Tarxetas de Nadal e...

0
O alcalde de Brión, Pablo Lago, fixo entrega dos premios do tradicional Concurso de Tarxetas de Nadal, un certame que este ano acadou a...

O Concello mellora o acceso ao núcleo de Barbeita

0
É unha importante mellora na seguridade, xa que ata o de agora os vehículos de emerxencia non podían acceder a varias vivendas deste núcleo O...

Publicacións Relacionadas