Venda de fume do Goberno do Sr Mouriño: Non hai convenio coa Xunta para facer as gradas dos Capelos

Redacción

No mes de Outubro de 2025 o Goberno municipal anunciou a signatura dun convenio coa Xunta de Galicia con cargo os presupuestos do 2026 e que se formalizaría en xaneiro para a realización das gradas do campo de fútbol de Os Capelos.

En declaracións do propio alcalde en prensa, redes sociais e durante sesión plenaria afirmou a firma dun convenio coa Xunta do 80% para as gradas, matizando que se incluirían vestiarios que se situarían debaixo de estas.

O Alcalde, en múltiples ocasións realizou en sesión plenarias duras críticas ó proxecto previamente redactado durante o goberno de Alternativa dos Veciños de Carral e co que se solicitou subvención no ano 2025.

AV Carral, co fin de comprobar para que solicitou este ano 2026 a subvención , pediu ter acceso o expediente e puido constatar que “o gobernó do Sr Mouriño solicitou este ano 2026 EXACTAMENTE o mesmo que pedira AV no ano 2025 , usando e presentando o MESMO PROXECTO realizado durante o mandato de AV , sen cambios: mesma ubicación das gradas , mesmo diseño , mesmo orzamento, mesmos planos, EXACTAMENTE IGUAL ….. proxecto que o Alcalde se cansou de decir q “non valía para nada”.”

“De novo información alterada e novas preguntas que se abren sobre onde está o convenio prometido, onde esta a subvención do 80% ou por qué se usa o proxecto redactado durante o mandato de AV Carral se tan malo era.” sinalan dende Alternativa.

Comparte este artigo