A campaña “En Aflor todos somos floristas” demostra o éxito do impulso á dinamización do comercio local da Deputación, a través do Inorde

Redacción
VISITA CO PRESIDENTE DA ASOCIACIÓN DE FLORISTAS DE OURENSE O presidente e a xerente do Inorde, Rosendo Fernández e Emma González, visitará co presidente da Asociación de Floristas de Ourense, Jesús de Dios, unha floristería ourensá para coñecer as actuacións desenvoltas ao amparo da liña de axudas para a dinamización comercial destinada a asociacións da provincia. Na floristería El Jardín de XXIII (rúa Paz Nóvoa)

O presidente e a xerente do Inorde, Rosendo Fernández e Emma González, respectivamente, visitaron hoxe a floristería “El Jardín de XXIII”, para coñecer da man do presidente de Asociación de Floristas de Ourense, Jesús de Dios, os detalles desta iniciativa

A campaña, que conta co apoio da liña de axudas para a dinamización comercial do Inorde, inclúe a distribución de 5.000 bolsas reutilizables a través de 25 establecementos da provincia

Dende o  goberno provincial “consideramos prioritario apoiar ao noso tecido comercial con liñas de axudas que, como neste caso, teñen un impacto directo e real na rúa”, destacou Rosendo Fernández.

O presidente e a xerente do Inorde, Rosendo Fernández e Emma González, respectivamente, visitaron hoxe a floristería “El Jardín de XXIII” acompañados polo presidente da Asociación de Floristas de Ourense (AFLOR), Jesús de Dios, para coñecer a campaña que está a desenvolver esta entidade “En Aflor todos somos floristas” co apoio da institución provincial a través da liña de axudas para a dinamización comercial destinada a asociacións da provincia.

Dende o goberno provincial “consideramos prioritario apoiar ao noso tecido comercial con liñas de axudas que, como neste caso, teñen un impacto directo e real na rúa”, destacou Rosendo Fernández. Exemplo do éxito desta convocatoria é a de Aflor, que hoxe puideron coñecer en detalle, porque “non só promociona a marca colectiva dos nosos floristas, senón que impulsa hábitos de consumo responsables e sostibles”.

Neste sentido, Rosendo Fernández felicitou a esta asociación por “saber adaptarse ás novas demandas da sociedade” e asegurou que para o Inorde é “un orgullo colaborar con proxectos que conxugan a dinamización económica co coidado do medio ambiente e a redución de residuos”.

A campaña “En Aflor todos somos floristas” busca reivindicar e promocionar o traballo profesional e artesanal das florerías locais e reforzar a identidade colectiva do sector floral ourensán, así como promover hábitos de consumo sostible.

Unha aposta pola economía circular e o comercio de proximidade

A acción central da campaña consiste no deseño, produción e distribución de 5.000 bolsas reutilizables. Estas bolsas, serigrafiadas co logo oficial da asociación e o lema da campaña, foron confeccionadas con materiais resistentes e de longa duración, funcionando como soportes publicitarios móbiles que visibilizan o comercio local e a asociación en canto circulan polas rúas da provincia.

Estas bolsas chegaron a 25 florerías asociadas a Aflor que se atopan distribuídas por diferentes concellos de toda a provincia de Ourense, garantindo así un impacto e repercusión en todo o territorio. A distribución entre os clientes finais esténdese ao longo dos meses de xullo a outubro. 

Comparte este artigo