Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación abre este luns a inscrición para as sete rutas de...

A Deputación abre este luns a inscrición para as sete rutas de setembro dos “Bosques Terapéuticos” e a “DepoAndaina” no Sendeiro Azul de Ponte Caldelas

- Anuncio -

A institución provincial programa para setembro sete sesións dos “baños de bosque“ por espazos naturais de Tui, Ponte Caldelas, Meis, Cerdedo-Cotobade e Lalín, cun total de 150 prazas dispoñibles

A cuarta DepoAndaina percorrerá o 12 de setembro a senda azul do río Verdugo no concello de Ponte Caldelas e ofrécense 200 prazas

A Deputación de Pontevedra seguirá a desenvolver no vindeiro mes de setembro un amplo programa de actividades ao aire libre para fomentar hábitos saudables entre a cidadanía e promover ao mesmo tempo o desfrute dos espazos naturais da contorna da provincia. Deste xeito, este luns 23 de agosto abrirase o prazo de inscrición para as sete rutas previstas ese mes dos Bosques Terapéuticos. Ademais ábrese o prazo para participar na cuarta DepoAndaina deste verán que terá lugar o 12 de setembro polo sendeiro azul do río Verdugo, no Concello de Ponte Caldelas. Para tomar parte nestas actividades, as persoas interesadas terán a súa disposición a partir do luns formularios na web da Deputación (nas ligazóns https://www.depo.gal/visitas-guiadas-bosques-terapeuticos e https://www.depo.gal/depo-andainas). No caso dos Bosques Terapéuticos, hai 105 prazas (15 por cada ruta), e para a DepoAndaina ofrécense 200.

Os “baños de bosque“ desenvolveranse neste mes de setembro no Parque Natural Monte Aloia de Tui (día 4), na Ruta da Pedra e da Auga de Meis (día 12); no sendeiro azul do río Verdugo en Ponte Caldelas (5 e 19); na Senda do Almofrei de Cerdedo-Cotobade (18) e na Fraga de Catasós (11 e 25 de setembro). Ademais, o sendeiro azul caldelán será o 12 de setembro o escenario da cuarta e última DepoAndaina deste verán programada pola Deputación. Será unha camiñada de aproximadamente 8,5 quilómetros de itinerario circular, na que as persoas participantes poderán gozar da tranquilidade dos camiños e sendas dos e das pescadores do río Verdugo ao seu paso polo concello de Ponte Caldelas. A andaina ten unha dificultade media e a saída será ás 10 horas desde a Rúa da Ponte de Ponte Caldelas.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas