HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación activa as engrenaxes do procedemento administrativo e inicia o proceso...

A Deputación activa as engrenaxes do procedemento administrativo e inicia o proceso de contratación da mellora da estrada provincial EP-2702 Amoedo-Os Valos

- Anuncio -spot_img

“En dous anos pasamos de ter un problema escondido nun caixón a estar a piques de sacar o contrato desta obra dotada con preto dun millón de euros para dar resposta a unha demanda histórica das veciñas e veciños de Pazos de Borbén e seguir avanzando na modernización das vías provinciais”, subliñou o presidente Luis López

A Deputación de Pontevedra activa as engrenaxes do procedemento administrativo e inicia o proceso de contratación da mellora da estrada provincial EP-2702 Amoedo-Os Valos. O presidente provincial Luis López subliñou que “en dous anos pasamos do nada ao todo; dun problema escondido nun caixón a estar a piques de sacar o contrato desta obra dotada con preto dun millón de euros para dar resposta a unha demanda histórica das veciñas e veciños de Pazos de Borbén e seguir avanzando na modernización das vías provinciais”.

“Nestes pouco máis de dous anos fomos quen de dar forma a un proxecto que contempla ensanchar a estrada, crear beiravías para promover a mobilidade peonil en condicións de seguridade, mellorar a sinalización vertical e horizontal, renovar todos os servizos, e repoñer a capa de rodaxe”, asegurou o presidente provincial.

Ao detalle, Luis López recordou que en setembro de 2023, dous meses despois de comezar a gobernar na Deputación de Pontevedra, xa estaba redactado o proxecto de mellora da EP-2702 Amoedo-Os Valos. En abril de 2024 remitiuse o borrador do convenio ao Concello de Pazos de Borbén e en outubro aprobouse e asinouse. Ademais, ese mesmo ano, no 2024, comezouse a tramitar o expediente para a cesión dos terreos. E en setembro deste ano 2025, dispuxéronse os terreos para poder comezar a executar a actuación.

Publicacións Relacionadas