Free Porn
xbporn
Home A Coruña A Deputación impulsa "Erros x Aprendizaxes", una xornada na que as empresas...

A Deputación impulsa “Erros x Aprendizaxes”, una xornada na que as empresas de ecommerce falarán dos seus erros no pasado

- Anuncio -

· A Deputación Provincial da Coruña impulsa “Erros x Aprendizaxes”, unha xornada innovadora na que os relatores compartirán abertamente os erros cometidos na xestión dos seus ecommerce, así como os aprendizaxes que derivaron destes, impulsando así o crecemento dos seus negocios en liña.

· O programa da xornada contará coa participación de destacados ecommerces como Vazva, Mooquer, MMG Racing Store, entre outros.

O próximo 18 de abril levarase a cabo na sede de Palexco, na Coruña, unha nova edición da xornada de ecommerce “Erros x Aprendizaxes”, promovida pola Deputación Provincial da Coruña. “Erros x Aprendizaxes” xorde cun enfoque innovador, afastado da norma habitual neste tipo de eventos. Mentres que a maioría céntranse nos casos de éxito, ignorando os inevitables erros que preceden a estes logros, a xornada busca destacar precisamente estes fallos como parte integral do proceso cara ao éxito. Nesta segunda edición, os relatores compartirán abertamente os erros cometidos na xestión dos seus ecommerce, así como os aprendizaxes que derivaron destes, impulsando así o crecemento dos seus negocios en liña.

O programa da xornada contará coa participación de destacados ecommerces como Vazva, Mooquer, MMG Racing Store, Sibari Republic e Joselto, así como con expertos do calibre de Miguel Sánchez, ex-Enxeñeiro en Google e ex-Director Xeral en iProspect, quen aportará a súa experiencia na transformación dixital de máis de 250 clientes nos últimos anos. Ademais, María Blanco, Export Manager en Zara, compartirá a súa visión sobre o mundo do ecommerce. Tamén se incluirán presentacións de Dinahosting e Galvintec, quen ofrecerán solucións innovadoras para mellorar a competitividade dos ecommerce. O acto inaugural contará coa intervención do vicepresidente da Deputación Provincial da Coruña, Xosé Regueira.

Ao finalizar as charlas, os asistentes terán a oportunidade de participar nun cóctel-networking, facilitando así o intercambio de ideas e contactos entre os presentes. A inscrición da xornada é gratuíta e está aberta a todos os interesados no mundo do ecommerce e o emprendemento dixital nesta ligazón, https://clusterecommercegalego.gal/erros-aprendizaxes-2024/ O Clúster do Ecommerce Galego agradece á Deputación o apoio ao comercio electrónico.“Queremos expresar o noso agradecemento á Deputación da Coruña polo seu apoio na organización deste evento. Así mesmo, agradecemos a colaboración de Dinahosting e o respaldo de todos os relatores e colaboradores, entre os que destacan o Clúster da Comunicación de Galicia, Roi Up Group, Ebolution, Galvintec, Marketing4eCommerce e Arnoia Distribucións” destaca Xosé Luis Reza, presidente do Clúster do Ecommerce.

Relacionadas

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

O BNG presentará alegacións ao novo proxecto de Decreto da Xunta da Galiza para...

0
O novo Decreto supón unha mellora na dirección das demandas históricas do BNG de Oleiros, mais é preciso garantir a protección do Monumento Natural...

A Praza dos Libros de Carballo bateu un novo récord ao superar os 1.700...

0
“De centeo de durmideiras”, de Rosalía Fernández Rial, foi o título máis vendido da plic! Hai dúas semanas estabamos a celebrar unha das mellores edicións...

Ambar presenta a creación escénica “Ping pong” dirixida por Paula Quintas

0
Hoxe día 26 presentouse en Ribeira a danza experimental con obxectos “Ping pong” argallada polo grupo de artes escénicas “Elas” de Ambar e dirixida...

A Feira dá Cebola Chata cumpre 23 anos aderezando o verán miñense

0
● O evento celebrarase o vindeiro domingo, 4 de agosto, e durará da mañá á noite. O Concello de Miño organiza, un ano máis, a...

O concello licita o proxecto de renovación dos proxectores das torres de iluminación do...

0
Investiranse 57.000 procedentes integramente de fondos municipais. O Concello vai renovar os proxectores das torres de iluminación do campo de fútbol A Porta Santa de...

Publicacións Relacionadas