Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación adxudica as obras de substitución da cuberta de varios edificios...

A Deputación adxudica as obras de substitución da cuberta de varios edificios de Príncipe Felipe, cun investimento de preto de 900.000 €

- Anuncio -

Con esta actuación resolveranse os problemas de filtracións de auga e humidades no edificio Agarimo e no almacén xeral do recinto

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar a adxudicación das obras de substitución da cuberta do edificio Agarimo e do inmoble do almacén xeral do Centro Príncipe Felipe. Esta actuación resolverá os problemas de filtracións de auga e humidades que sofre o edificio, e foi adxudicada por un importe superior aos 877.000 € (IVE incluído) á empresa Prace Servicios y Obras, S.A.

A reforma consistirá na instalación dun panel sándwich de aceiro prelacado nunha superficie estimada de 3.659 metros cadrados de cuberta en substitución da placa de fibrocemento coa que conta na actualidade. Este sistema permitirá limitar a demanda enerxética dos inmobles á vez que se reducirá o risco de aparición de humidades. Á marxe disto, o proxecto tamén contempla a instalación dunha nova rede de recollida de augas pluviais horizontal formada por arquetas, caleiros, baixantes e colectores.

A Deputación de Pontevedra investiu nos últimos meses un total de 3,2 millóns de euros en diversas actuacións para o Centro Príncipe Felipe. Ademais desta obra, a reforma integral do CEIP Daría González supón un investimento de 1,7 millóns, aos que se suman o proxecto de substitución das escaleiras de emerxencia do Centro Infanto-Xuvenil Escola Fogar (374.000 euros), a renovación da iluminación do campo de fútbol do complexo deportivo (100.000 €), a renovación da cuberta dos vestiarios do campo de fútbol (60.000 €) e as obras de emerxencia para apuntalar o muro de contención situado no perímetro do campo (30.000 €).

Relacionadas

Redondela rende homenaxe a Pablo Couñago no 25º aniversario da conquista do Mundial de...

0
Este 2024 cúmprense 25 anos da primeira conquista mundial do fútbol español. Foi coa selección sub-20 dirixida por Iñaki Sáez, que logrou o título...

A Deputación levará este domingo a 170 persoas da provincia a desfrutar en Sanxenxo,...

0
Son veciños e veciñas de 30 concellos da provincia, que chegarán ao Hotel Carlos I e ao Gran Talaso, en Sanxenxo, ao Talaso Hotel...

Luis López recibe o alumnado do CPR San José de Pontevedra na súa visita...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu este xoves unha vintena de alumnos e alumnas de 5º de Primaria do CPR San...

Tui un destino único e cheo de maxia para celebrar estas festas

0
O Mercado de Nadal e o Taller Máxico de Papa Noel destacan nas actividades desta ponte festiva Este Nadal, Tui convértese no lugar ideal para...

Luis López anuncia o reparto de 80.000 euros entre oito clubs náuticos da comarca...

0
Son 17.000 euros para dous clubs de piragüismo, 52.000 euros para catro clubs de remo e 9.000 euros para dous clubs de vela, que...

Luis López anuncia o reparto de 190.000 euros entre 19 clubs náuticos de sete...

0
Son 73.000 euros para sete clubs de piragüismo, 67.000 euros para oito clubs de remo e 47.000  euros para catro clubs de vela, que...

Publicacións Relacionadas