Free Porn
xbporn
Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade A Deputación anuncia o inminente comezo das obras de mellora integral da...

A Deputación anuncia o inminente comezo das obras de mellora integral da estrada provincial A Xesteira – Almofrei

- Anuncio -

A institución provincial levará a cabo os traballos de ensanche e mellora da seguridade viaria na EP-0405 no concello de Cerdedo-Cotobade, cun investimento de preto dun millón de euros

A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, acaba de manter unha xuntanza co alcalde de Cerdedo-Cotobade e tamén deputado provincial, Jorge Cubela, na que avanzou o inminente comezo das obras de mellora integral da estrada provincial entre A Xesteira e Almofrei. A actuación, no tramo inicial de 1,5 quilómetros da EP-0405 ao seu paso por Cerdedo-Cotobade, conta cun investimento de preto dun millón de euros sendo o 70% financiado con recursos da Unión Europea e o importe restante asumido pola institución provincial e o concello.

Os traballos na estrada provincial A Xesteira-Almofrei teñen por obxecto a creación de vías seguras para o tránsito peonil, concretamente unha nova senda peonil na marxe esquerda da vía, de 2,5 metros de ancho, e zonas de convivencia onde terán prioridade os peóns naqueles tramos onde non se poida executar a senda. A senda peonil terá unha lonxitude dun quilómetro, e nese trazado ademais limitarase a velocidade a 30 km/h e incorporaranse tres redutores de velocidade. Nas zonas de convivencia, de preto de 300 metros de lonxitude, a velocidade máxima será de 20 km/h.

Ademais, desde a conexión coa estrada autonómica PO-233, o proxecto de transformación tamén inclúe a mellora do trazado, coa aplicación dunha nova capa de rodaxe e o emprego de novos paquetes de firme para ampliar a plataforma nas zonas de convivencia. Como actuacións complementarias, tamén se acometerá a mellora da drenaxe e a canalización para soterrar a rede de alumeado nas zonas de convivencia.

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

A “Festa da Bicicleta” dentro dos actos da XXIX Festa da Lamprea

0
Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 11 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo...

Publicacións Relacionadas