Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación avanza na redacción do novo viario de conexión entre a...

A Deputación avanza na redacción do novo viario de conexión entre a EP-4001 Ponteareas-Guillade e a N-120

- Anuncio -

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con membros do Goberno e técnicos do Concello de Ponteareas para avanzar neste proxecto transformador que vai desafogar tráfico do casco urbano e mellorar as súas conexións

A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, acaba de manter unha xuntanza de traballo con membros do Goberno e técnicos do Concello de Ponteareas para avanzar no proxecto do novo viario de conexión entre a EP-4001 Ponteareas-Guillade e a N-120. Trátase, en palabras da deputada, dun proxecto “transformador que vai desafogar tráfico do casco urbano e mellorar as conexións da vila”.

O obxectivo desta xuntanza, tal e como informou a deputada provincial, “foi escoitar e atender as prioridades do Concello de Ponteareas e pulir diferentes cuestións dun proxecto no que xa se está a traballar”. Neste eido, Couselo adiantou que a actuación, incluída no plan xeral de Ponteareas, vai ser redactada polo servizo de Infraestruturas da Deputación de Pontevedra.

Mediante a nova infraestrutura, tal e como informou Isabel Couselo, vaise conectar unha estrada provincial como é a EP-4001 cunha nacional. Ademais de desafogar o tráfico do casco urbano, con este viario de nova construción tamén se dotará de maior seguridade a unha contorna na que, nestes momentos, se atopan centros educativos de infantil, primaria e secundaria e se prevé a edificación dun centro de saúde.

Relacionadas

A Xunta de Goberno aproba a concesión de máis de 250.000 euros para cooperación...

0
A reunión semanal deste órgano aprobou as bases reguladoras da convocatoria de concurso público para a organización de actividades culturais e recreativas correspondentes a...

200 ciclistas rodarán esta fin de semana na oitava edición da “Chanllenge Rías Baixas”

0
• A proba organizada polo club Master Louriña consta de tres etapas que pasarán por Mos, Ponteareas e O Porriño os días 4 e...

O Gran Premio Concello de Mos da Challenge As Rías Baixas será puntuable para...

0
Será o vindeiro sábado 4 de maio con saída e chegada ao Pazo de Mos A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de...

O Pleno de Mos aproba o cambio a uso docente da parcela do Rebullón...

0
Así inícianse os trámites necesarios para o proxecto, licitación e construción do novo centro O Pleno do Concello de Mos aprobou hoxe por maioría o...

O mellor surf déixase ver na Praia de Patos

0
O sábado 27 celebrouse próbaa Patos Surfing Kids da liga Nacional Surfing Kids na Praia de Patos (Nigrán). A proba foi organizada pola Federación...

Identificadas 39 especies na Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño este domingo

0
Con este exitoso percorrido comezaron as Rutas de Natureza que organiza o Concello Exitoso comezo esta fin de semana das Rutas de Natureza que promove...

Publicacións Relacionadas