Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación celebra o Ano Castelao no Museo de Pontevedra con visitas...

A Deputación celebra o Ano Castelao no Museo de Pontevedra con visitas guiadas e diferentes actividades ao longo do ano

- Anuncio -

As propostas comezaron o pasado 7 de xaneiro, día no que se cumpriron 75 anos da morte do artista e intelectual galeguista, e continuarán en febreiro

O presidente Luis López animou aos pontevedreses a inscribirse nas visitas e a descubrir o seu legado e a súa vida a través da páxina web do Museo

A Deputación de Pontevedra participa na celebración do Ano Castelao, no que se conmemora o 75 aniversario do falecemento do artista e intelectual galego, no Museo de Pontevedra cunha ampla programación para celebrar a súa vida e legado. Unha programación que, como explicou o presidente provincial, Luis López, arrancou o pasado martes 7 de xaneiro, cunha visita guiada e unha sesión de cine e música, mais que continuará ao longo de todo o ano. “Queremos, con estas actividades, e nun ano tan especial como este, manter vivo entre nós a Castelao, na cidade que tanto quería e nunha provincia coa que tiña tan fondo vínculo como a nosa, como era a súa vontade”, confirmou.

En concreto, as visitas guiadas ás salas que o Museo de Pontevedra lle dedica a Castelao e que se estrearon o pasado 7 de xaneiro con grande éxito, repetiranse todos os primeiros martes de cada mes, sendo a próxima o 4 de febreiro, e é necesario reservar prazas a través da web.

Ademais, López animou a todos e todas as pontevedresas a descubrir o legado e a vida “dun dos nosos máis ilustres intelectuais” a través da web do Museo, ben explorando as obras que forman a súa colección no Museo (https://museo.depo.gal/coleccion/explora-a-coleccion/-/patrimonio/coleccion/27), realizando unha visita virtual polas salas do Museo (https://museo.depo.gal/web/museo/visita-virtual/castelao-artista-personaje-clave-galicia-ga) ou descargando en PDF o libro ‘Esenciais. Castelao no Museo de Pontevedra, unha introdución á súa figura e á obra presentes na nosa institución (https://museo.depo.gal/documents/75239/75332/Esenciais_Castelao_web.pdf).

Relacionadas

O BNG da Estrada mantén un encontro do sector da mazá do concello

0
Xoán Reices: “Este sector axuda a manter vivo o noso rural e neste sentido na nosa organización cremos que debemos dar apoio e botar...

Comeza a construción da pista multidisciplinar e do auditorio ao aire libre en Figueirido

0
O Concello de Vilaboa inviste no parque do Canaval 264.166 euros para crear en seis meses unha gran área de ocio e esparcemento para...

A Biblioteca Municipal superou os 18 mil préstamos en 2024, un 25% máis que...

0
A Biblioteca Municipal de Tui prestou ao longo do ano 2024 18.279 libros, o que supón un incremento do 25% con respecto 14.536 que...

Bueu acolle este domingo a regata IX Memorial Pepe O Ruso

0
• O campionato arrancará ás 11.30 horas dende o peirao co récord de participación de 36 embarcacións • Por categorías, haberá 10 barcos na feminina,...

A vicepresidenta Luisa Sánchez visita a Fundación Provincial do Banco de Alimentos de Vigo

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, visitou hoxe a sede que a Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo ten na cidade...

A Xunta adxudica por máis de 2 M€ a construción dunha nova estación depuradora...

0
— Ángeles Vázquez explica que, unha vez adxudicado o contrato de construción, a previsión é que as obras comecen antes de que remate o...

Publicacións Relacionadas