Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación celebra o Día do Emprendemento coas empresas que participaron nas...

A Deputación celebra o Día do Emprendemento coas empresas que participaron nas aceleradoras de turismo e multisectorial de SmartPeme

- Anuncio -

A vicepresidenta Luisa Sánchez e a deputada Nava Castro asistiron na sede de Vigo á xornada de “demo day” que serviu como peche de ambas as dúas edicións dos programas

A Deputación de Pontevedra celebrou este martes o Día do Emprendemento coa clausura das dúas aceleradoras de empresas que puxo en marcha nestes últimos meses dentro do programa SmartPeme, unha dedicada expresamente a empresas turísticas e outra multisectorial, para empresas que realizan a súa actividade en calquera ámbito. A vicepresidenta Luisa Sánchez e a deputada de Turismo, Nava Castro, asistiron ao “demo day” que serviu de peche de ambas as dúas edicións para dar visibilidade aos proxectos empresariais que participaron tanto nunha convocatoria como na outra.

A vicepresidenta Luisa Sánchez asegurou que “aínda que hoxe sexa o final da vosa participación nestes programas, este en realidade é o inicio dun camiño moi longo e, estou segura, chea de éxitos unha vez estean implantados no mercado”. A vicepresidenta sinalou que “nestes meses adquiristes formación para lanzar e consolidar os vosos proxectos, sacando o máximo aproveitamento ao voso potencial, e así como a axuda dos profesionais de SmartPeme foi fundamental, poder compartir esta experiencia con persoas que se atopan na vosa mesma situación debeu de ter un valor incalculable”. Por todo iso, Luisa Sánchez afirmou que “seguiremos acompañándovos no resto de inquietudes e necesidades que teñades na vosa traxectoria”.

Pola súa banda a deputada de Turismo, Nava Castro, remarcou que as empresas participantes son “os maiores expoñentes da nosa enorme capacidade para xerar riqueza e mellorar a nosa calidade de vida”. Dirixíndose expresamente ás do sector turístico, amosouse segura de que “ides seguir o camiño do sector e traballar arreo pola excelencia, tanto para a prosperidade dos vosos negocios como para avanzar na mellora do destino Rías Baixas”. “Imos seguir tendendo pontes entre sector público e privado para construír unha provincia máis avanzada e con máis futuro”, asegurou Nava Castro.

Na Aceleradora de Empresas do Sector Turístico participaron oito proxectos emprendedores: os hoteis Nacamar (Baiona) e Bienestar (Moaña), as axencias de viaxes Rekunchos (Nigrán), This is Galicia (Tomiño) e Galiwonders (Pontevedra), o blog Enxebreworld (Vilagarcía de Arousa), a experiencia gastronómica É Restaurantes (Pontevedra) e o produto turístico de ‘turismo de sal’ Salmoira (Pontevedra). Pola súa banda, na Aceleradora Multisectorial participaron outros oito proxectos: a empresa de produtos artesanais Pequenanos (Salvaterra de Miño), o servizo de pedidos elbarQR (Marín), o estudo Luminar Fotografía (Poio), a asesoría Habla y Convence (Vigo), a empresa de solucións informáticas CeoGest (Sanxenxo), a academia de inglés Rangers Academy (Sanxenxo), a plataforma téxtil Stored Telled (Vigo) e a aplicación de servizos sanitarios Smartvets (Pontevedra).

Trátase de proxectos que se atopan en fase temperá de desenvolvemento ou cun alto potencial de crecemento. Coa súa participaron nas aceleradoras recibiron un completo roteiro formativo telemático centrado no uso das tecnoloxías de información e comunicación como apoio e guía para a mellora e optimización dos seus recursos. Afondaron tamén en técnicas para mellorar a estratexia de imaxe dos seus proxectos e recibiron asesoramentos individuais con persoas especializadas sobre imaxe dixital, tecnoloxía, competitividade, sostibilidade, redes sociais ou ferramentas de xestión da clientela.

Relacionadas

Rafa Domínguez confirma que a praza de Barcelos e a rúa Santa Clara serán...

0
O vicepresidente da Deputación remarca a “boa sintonía” co Concello de Pontevedra para facer realidade este proxecto e adianta que a finais de maio...

O Club náutico Bahia de Baiona celebra o seu 25 aniversario cunha comida de...

0
O Club náutico Bahia de Baiona celebra o seu 25 aniversario cunha comida de confraternidade, ao evento asistiu en representación municipal o concelleiro de...

A voceira municipal do PP de Tomiño, Lara Meneses, vén de ser nomeada como...

0
-A líder do PP local presenta a súa renuncia como concelleira “forzada pola incompatibilidade  legal de ambas responsabilidades” e recoñece que é un día...

Ana Pastor e Pedro Puy recollen as reinvindacións da CEP quen lle deron traslado...

0
● Desde a CEP achacan ao aumento da delincuencia violenta ao aumento da droga na rúa, onde aos consumidores habituais sumáronselle novos consumidores, o...

A Biblioteca Xela Arias organiza un encontro co músico e activista Kilema

0
A Biblioteca Municipal Xela Arias, en colaboración coa Coral O Piñeiral de Chapela e máis o Coro de Voces Graves de Vigo, celebra un...

Bieito Lobeira número dous na candidatura europea

0
Este nomeamento confirma o bo momento que continua a vivir o BNG marinense e demostra que, ademais de contar con catro persoas destacadas representantes...

Publicacións Relacionadas