Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación colabora con Executivas de Galicia no programa “Xerando Redes +45”,...

A Deputación colabora con Executivas de Galicia no programa “Xerando Redes +45”, destinado a promover a empregabilidade das mulleres

- Anuncio -

A vicepresidenta primeira, Marta Nóvoa, asistiu ao acto de presentación dos proxectos das 11 mulleres participantes neste proxecto, cuxo obxectivo foi poñer en valor o talento senior á vez que fomentar a empregabilidade das mulleres maiores de 45 anos que actualmente supoñen a maior taxa de desemprego desde que hai rexistros, e o 60 % do desemprego total feminino

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolleu o Espazo Sinerxias no que Executivas de Galicia presentou as conclusións do proxecto “Xerando Redes +45”, no que colaborou a Deputación e cuxo obxectivo foi poñer en valor o talento senior á vez que fomentar a empregabilidade das mulleres maiores de 45 anos que actualmente supoñen a maior taxa de desemprego desde que hai rexistros, e o 60 % do desemprego total feminino.

Neste acto participou a vicepresidenta primeira da Deputación, Marta Nóvoa, quen felicitou á presidenta de Executivas de Galicia, Carla Reyes Uschinsky, por esta iniciativa, recalcou que o obxecto de “Xerando Redes +45” comparte as liñas estratéxicas marcadas no Goberno Provincial, “e por iso desde a Deputación non dubidamos nen un segundo en colaborar con este proxecto, e seguirémolo facendo para apoiar ás mulleres da provincia”, dixo, ao tempo que explicou que “somos plenamente conscientes da necesidade actual para mellorar o acceso ao mercado laboral das mulleres, sobre todo cando superan os 45 anos, levan máis dun ano en desemprego e atópanse en risco de exclusión”. De aí que Marta Nóvoa lembrase iniciativas nesa liña postas en marcha pola Deputación, como foi nova convocatoria provincial propia e exclusiva para mulleres en situación de vulnerabilidade, con 100.000 euros de orzamento neste ano, así como o EmprendOU en femenino, para axudar a aquelas mulleres que poñen en marcha os seus negocios.

Tal e como quedou de manifesto no acto desta mañá, o programa “Xerando Redes +45” baseouse en dous grandes obxectivos: promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación; así como promover a inclusión activa, con vistas a promover a igualdade de oportunidades, así como a participación activa e a mellora da posibilidade de atopar un emprego para as mulleres maiores de 45 anos en risco de exclusión. Sempre, tal e como explicou a presidenta de Executivas de Galicia, Carla Reyes Uschinsky, desde o acompañamento “nun clima de confianza para dotar ás participantes de seguridade en si mesmas”.

O proxecto incluíu mentorías para as 11 mulleres maiores de 45 anos desempregadas participantes en “Xerando Redes +45”, formacións grupais, charlas inspiradoras, realización de prácticas non laborais en empresas e un networking final.

Relacionadas

A Deputación acolle no Pazo provincial a conferencia sobre a vida olímpica de Teresa...

0
A deputada provincial María Ramallo presentou a actividade, que está enmarcada en Unha vida olímpica, unha alianza entre a institución e a piragüista co...

Luis López súmase á convocatoria da Xunta de Galicia no acto “Queremos Ave Vigo-Oporto”

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, sumouse esta mañá no Auditorio de Afundación de Vigo ao acto convocado pola Xunta de Galicia...

A Deputación supervisa en Vilagarcía as obras de mellora e acondicionamento do acceso á...

0
O deputado provincial visitou a zona na que se executaron os traballos, xa rematados, onde a Deputación investiu 160.000 euros A Deputación de Pontevedra supervisou...

Rafa Domínguez confirma que a Deputación destinará 131.000 euros para financiar actividades culturais e...

0
“Son actividades fundamentais para a cidade de Pontevedra, que contribuirán a dar pulo ao comercio local, ao casco histórico e a organizar actividades culturais...

A Deputación concentra no Pazo Provincial a 300 estudantes de Primaria que están a...

0
Tralo paso do alumnado de secundaria e de Centros de Educación Especial, chegou a quenda dos rapaces de primaria, agrupados en 12 cooperativas nas...

Xuntanza da comisión de seguimento da revisión e adaptación do Plan Xeral de Ordenación...

0
Esta mañá, mércores día 4 de decembro, ás 10:00 h, reuníronse na Concellería de Urbanismo do Concello de Ourense todos os grupos políticos que...

Publicacións Relacionadas