Home Pontevedra Baixo Miño A música do Conservatorio e da Escola de Música de Tui súmase...

A música do Conservatorio e da Escola de Música de Tui súmase á maxia deste Nadal con catro concertos

- Anuncio -

O Teatro Municipal e o novo espazo cultural da rúa Camilo José Cela serán os seus escenarios os días 11, 17, 18 e 19 deste mes

O bo facer dos músicos e músicas que forman parte do Conservatorio Profesional/Elemental e da Escola de Música Municipal de Tui estará moi presente no Nadal, con catro concertos abertos á veciñanza para poñer a nota musical a este mes de decembro. Deste xeito o alumnado deste centro de ensinanzas musicais súmase á maxia do Nadal en Tui.

A primeira cita será o próximo mércores 11, ás 20 h, no Teatro Municipal, e será solidaria con SOS Tomiño Baixo Miño. A entrada será 1 kg de alimentos non perecedoiros que se recollerá na porta do teatro o propio día do concerto.

Xa na terceira semana deste mes, o novo espazo cultural da rúa Camilo José Cela acollerá tres eventos musicais. O primeiro deles será o martes 17, o segundo o mércores 18, e o terceiro o xoves día 19. Os tres serán ás 18.30 h, con entrada libre e gratuíta.

Actuarán solistas, agrupacións, orquestra de cordas, bandas, un conxunto de gaitas e o alumnado máis novo do curso de Música e Movemento.

Programación
Concerto solidario de Nadal do Conservatorio Profesional/Elemental e da Escola de Música Municipal de Tui.

• Mércores, 11 de decembro, ás 20h
• A partir das 18 h Recollida de alimentos non perecedoiros por parte de Sos Tomiño Baixo Miño na porta principal do Teatro
• Entrada de balde ata completar aforo aportando 1 kg de alimentos non
• perecedoiros.

Relacionadas

O Rosal inaugura a Oficina da Enerxía para liderar a transición enerxética no municipio

0
O acto inaugural será o vindeiro martes 21 de xaneiro ás 20.00 h no Salón de exposicións do Concello O Rosal segue a dar pasos...

A camelia protagonista esta fin de semana en Tui

0
Setenta e cinco expositores galegos, portugueses e asturianos presentarán no Claustro da Catedral acollerá máis de 125 metros cadrados dedicados a esta flor O Claustro...

Mos avanza nas reunións veciñais cun rexeitamento rotundo á nova A52 noutra sesión informativa...

0
Tras as reunións coas parroquias de Sanguiñeda, Petelos e Tameiga, hoxe celebrouse unha nova xuntanza con Pereiras. Existe previsión de ampliar nos días 22, 27...

Digna Rivas: “Ao negar a represión franquista en San Simón o PP actúa como...

0
Para a rexedora redondelá, as declaracións do deputado popular José Luis Ferro o único que fan é “branquear o franquismo, actuando como cómplice da...

O BNG esixe melloras urxentes en dúas estradas municipais en mal estado

0
Davinia Lojo reclama ao Concello de Marín actuacións inmediatas en Macenlle-A Moreira e Arealonga para garantir a seguridade viaria e mellorar a mobilidade da...

O alcalde de Nigrán recomenda ao deputado popular José Luis Ferro a lectura do...

0
Juan González, rexedor de Nigrán e historiador experto na Guerra Civil, ten documentado xunto a Antonio Caeiro e Clara de Saá fusilamentos e centos...

Publicacións Relacionadas