Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación concede preto de 50.000 euros ao Concello de Valga para...

A Deputación concede preto de 50.000 euros ao Concello de Valga para acondicionar a pista polideportiva interior do pavillón municipal de Baño, en Xanza

- Anuncio -

Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíron xa preto de 1,7 millóns de euros entre 25 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha nova axuda de preto de 50.000 euros ao abeiro do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas para o Concello de Valga. Con estes recursos, o Goberno local levará a cabo tarefas de acondicionamento da pista polideportiva interior do pavillón municipal da Baño, en Xanza.

O Concello de Valga dedicará estes recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas a renovar o pavimento do pavillón que, nestes momentos, se atopa moi deteriorado e complica a realización das actividades deportivas que alí se realizan. A día de hoxe adestran na pista polideportiva de Baño varios clubs federados de fútbol sala, tenis e karate e tamén a emprega a Escola de Patinaxe Artística, así como diversos equipos afeccionados. Coa actuación financiada con recursos provinciais o chan de formigón pintado será substituído por un pavimento deportivo de linóleo acústico con tratamento antiestático que garantirá a boa realización das actividades e, ao mesmo tempo, a seguridade das persoas usuarias.

O Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación, dirixido aos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, mobilizou ata o momento preto de 1,7 dos 4 millóns de orzamento total, con achegas, ademais de para Valga, para A Cañiza, A Estrada, Arbo, As Neves, Baiona, Barro, Cangas, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, Gondomar, Lalín, Marín, Meis, Moraña, Pazos de Borbén, Poio, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas