Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación dá Vía Libre á contratación do novo proxecto de humanización...

A Deputación dá Vía Libre á contratación do novo proxecto de humanización en Gondomar cun investimento de 271.000 euros

- Anuncio -

O Goberno aprobou o expediente para contratar as obras na interconexión entre as rúas San Bieito e Emigrante coas estradas provinciais de Peitieiros e Chaín-Morgadáns

Carmela Silva destaca a “transformación brutal” que está a experimentar Gondomar desde hai cinco anos: “Agora é un pobo para a xente”

O Goberno da Deputación de Pontevedra ven de aprobar o expediente para a contratación de novas obras de humanización en Gondomar, que se desenvolverán en concreto na interconexión entre as rúas San Bieito e Emigrante coas estradas provinciais de Peitieiros e Chaín-Morgadáns. O orzamento desta actuación acada os 271.769 euros e financiarase a través dun convenio entre a institución provincial e o Concello, de xeito que a Deputación asumirá o 70% do coste e o Concello o 30% restante.

A presidenta Carmela Silva destacou que o proxecto ten por obxectivo “darlle prioridade e maior seguridade á veciñanza e viandantes das rúas San Bieito e Emigrante e aos tramos iniciais dos viarios provinciais EP2302 en dirección a Peiteiros e EP 2301 cara a Chaín e Morgadáns, que unen o casco urbano de Gondomar con estas parroquias”. Deste xeito, dáse continuidade tamén á gran transformación urbana que está a experimentar este concello. Máis polo miúdo, as actuacións inclúen a ampliación e construción de beirarrúas –que como mínimo van manter un ancho xeral de 2,5 metros- e a renovación de servizos como o alumeado público, recollida de pluviais e residuais e a canalización das instalacións de enerxía, alumeado e comunicacións.

A presidenta provincial expresou a súa satisfacción porque “certamente a Gondomar non hai quen o coñeza –resaltou -. Levamos 5 anos gobernando nesta Deputación, o mesmo tempo que leva o alcalde, e este concello agora é un pobo para a xente. Antes era unha vía pola que se transitaba para ir dun lugar a outro cunha infraestrutura que o atravesaba e que facía que non houbera espazo público, e agora a transformación é brutal. Realmente Gondomar ten agora unha beleza extraordinaria en soamente cinco anos. Para isto serven as administracións públicas e non para estar todo o rato confrontando sen aportar nada”.

As obras tamén incluirán a habilitación de novos pasos de cebra elevados e se prevé, amais, a realización dun muro de contención entre o inicio da EP 2302 e a EP 2301 para habilitar unha beirarrúa de paso ata a parada de autobuses, a fin de “dar seguridade á xente que transita”, así como a pavimentación das calzadas con solado de adoquíns, “unha estética que embelece estas grandes vilas da nosa provincia”.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas