Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación de Ourense amplía o parque provincial de maquinaria con dous...

A Deputación de Ourense amplía o parque provincial de maquinaria con dous novos equipos para mantemento de estradas e conservación de espazos verdes e forestais

- Anuncio -

O goberno provincial adquiriu dúas máquinas orientadas a optimizar servizos, xa que permitirán poñer en marcha un grupo de traballo compartido entre as áreas de Infraestruturas e Medio Ambiente

As novas adquisicións suporán unha vantaxe cara a xestión directa desta deputación provincial, así como para os concellos da provincia, xa que devandita maquinaria goza de gran versatilidade en tarefas de mantemento de viarios como de espazos verdes e forestais.

A Deputación de Ourense amplía os medios do parque provincial de maquinaria, situado en San Cibrao das Viñas, coa adquisición de dous novos equipos de gran versatilidade que darán servizo ao mantemento das estradas provinciais e a conservación de espazos verdes e forestais. Trátase dun tractor 4×4 e dunha máquina astilladora forestal, ambas adxudicadas por senllos procedementos abertos, por un importe total de 417.450 euros.

Con esta nova maquinaria, preténdese optimizar estes servizos, pois vai supoñer a posta en marcha dun equipo de traballo de uso compartido entre a área de Infraestruturas e a área de Medio Ambiente e, mediante o cal, tamén os concellos da provincia veranse beneficiados.

O presidente provincial, Luis Menor, acompañado polo responsable do parque da maquinaria, José Fírvida, coñeceu os detalles desta nova maquinaria.

No caso do tractor, equipado con guindastre forestal e folla frontal, o máis destacado é que ofrece unha gran versatilidade na realización de tarefas que a Deputación executa, tanto de xestión directa como na cooperación con concellos da provincia.

O tractor permite o desenvolvemento de traballos de forma simultánea, ademais de evitar a presenza de máis maquinaria na contorna de traballo.

Este tractor irá destinado a labores de mantemento de viarios provinciais e traballos de conservación de espazos verdes e forestais. O custe total foi de 317.020 euros.

No tocante á máquina astilladora forestal, perséguese realizar unha xestión adecuada de limpeza e tratamento da materia leñosa xa que o produto triturado poderá ser reutilizado en diversas aplicacións, tanto paisaxísticas como industriais.

A astilladora abastecerase mediante o guindastre forestal que porta o tractor, triturando madeira dun grosor de até 40 centímetros. A inversión nesta máquina ascende a 100.430 euros.

Relacionadas

A Deputación acolle no Pazo provincial a conferencia sobre a vida olímpica de Teresa...

0
A deputada provincial María Ramallo presentou a actividade, que está enmarcada en Unha vida olímpica, unha alianza entre a institución e a piragüista co...

Luis López súmase á convocatoria da Xunta de Galicia no acto “Queremos Ave Vigo-Oporto”

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, sumouse esta mañá no Auditorio de Afundación de Vigo ao acto convocado pola Xunta de Galicia...

A Deputación supervisa en Vilagarcía as obras de mellora e acondicionamento do acceso á...

0
O deputado provincial visitou a zona na que se executaron os traballos, xa rematados, onde a Deputación investiu 160.000 euros A Deputación de Pontevedra supervisou...

Rafa Domínguez confirma que a Deputación destinará 131.000 euros para financiar actividades culturais e...

0
“Son actividades fundamentais para a cidade de Pontevedra, que contribuirán a dar pulo ao comercio local, ao casco histórico e a organizar actividades culturais...

A Deputación concentra no Pazo Provincial a 300 estudantes de Primaria que están a...

0
Tralo paso do alumnado de secundaria e de Centros de Educación Especial, chegou a quenda dos rapaces de primaria, agrupados en 12 cooperativas nas...

Xuntanza da comisión de seguimento da revisión e adaptación do Plan Xeral de Ordenación...

0
Esta mañá, mércores día 4 de decembro, ás 10:00 h, reuníronse na Concellería de Urbanismo do Concello de Ourense todos os grupos políticos que...

Publicacións Relacionadas