A Deputación de Ourense lanza unha nova edición dos seus campamentos de verán en Muíños: Explora Ourense e Music Camp

Redacción
PRESENTACIÓN CAMPAMENTOS DE VERÁN O vicepresidente da Deputación Ourense e alcalde de Muiños, Plácido Álvare Dobaño, participa na rolda de prensa de presentación dos Campamentos de Verán “Explora Ourense” e “Music Camp”, acompañdo do director da Área de Cultura, Marcos Vázquez, e dos organizadores Paulo Vázquez Garcia e Fernando Calvo. Na sala de prensa do Centro Cultural Marcos Valcárcel.

“Explora Ourense” é un proxecto lúdico e educativo que inclúe a programación e o desenvolvemento de actividades relacionadas coa natureza, deportes, actividades ao aire libre, xogos e actividades artísticas, en dúas quendas entre o 9 e o 13 de agosto para cativada de entre 9 e 14 anos

Tamén se organizará do 20 ao 26 de xullo no Corgo a VIII edición do “Music-Camp”, unha experiencia dirixida á mocidade de 13 aos 18 anos con algunha experiencia musical previa demostrable

A Deputación de Ourense volve a lanzar dous clásicos dos campamentos de verán na provincia: Ourense Explora e Music Camp

A presentación desta iniciativa tivo lugar hoxe na sala de prensa do Centro Cultural Marcos Valcárcel, acto no que participou o director da área de Cultura, Marcos Vázquez; o alcalde de Muíños e vicepresidente terceiro da Deputación, Plácido Álvarez; e Fernando Calvo e Paulo Vázquez por Musicamp e Explora Ourense, respectivamente.

Os campamentos desenvolveranse no Complexo Turístico de O Corgo, situado en Muíños, un enclave que conta cunhas instalacións óptimas e ao carón dunha espectacular praia fluvial no encoro das Conchas.

Explora Ourense é un proxecto lúdico e educativo, organizado por Sustinea en colaboración coa Deputación, que inclúe a programación e o desenvolvemento de actividades relacionadas coa natureza, deportes, actividades ao aire libre, xogos e actividades artísticas. Os campamentos dividiranse en dúas quendas que se celebrarán do 9 ao 13 de agosto de 2026: Quenda de 9 a 11 anos: 1 campamento de 5 días de duración para un grupo de 25 rapaces; e quenda de 12 a 14 anos: 1 campamento de 6 días de duración para un grupo de 25 rapaces.

VIII Music-Camp

O complexo turístico de O Corgo acollerá tamén do 20 ao 26 de xullo a VIII edición do “Music-Camp”, un campamento dirixido aos mozos e mozas de entre 13 a 18 anos con algunha experiencia musical previa demostrable.

A iniciativa, organizada pola Casa da Música Ourense e que conta coa colaboración da Deputación de Ourense, fomenta as relacións sociais, as actividades físicas e o contacto coa natureza a través desa paixón común que é a música.

Cunha duración de sete días e seis noites oferta un total de 40 prazas, co obxectivo de establecer lazos de amizade entre os participantes a través da música cun plan previsto de ocio, deporte, natureza, aventura e música.

Comparte este artigo