A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense tratará 16 asuntos na súa sesión ordinaria desta semana

Redacción

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense reunirase o xoves, 12 de novembro, ás 13.30 horas no salón de plenos para levar a cabo a súa sesión ordinaria desta semana, con 16 propostas de acordo na súa orde do día.

Asesoría xurídica (2). Liquidación e inicio do procedemento de reclamación de danos e prexuízos con retención de facturas procedentes dos contratos administrativos das obras dos proxectos de humanización da Avenida de Portugal, Tramo 1: desde a rúa Ervedelo ata Villa Valencia, e Tramo 2: desde Villa Valencia ata Marcelo Macías, parcialmente financiados a través do Fondo Europeo de recuperación Next Generation.

Educación (1). Bases reguladoras que rexerán a convocatoria pública para a selección de proxectos para a súa inclusión na Escola Municipal Continua de Ourense durante o ano 2027.

Licenzas (2). Licenzas de obra para os proxectos dunha vivenda unifamiliar no lugar de Casixova, Velle, e para a reforma interior dunha vivenda nun inmoble na rúa Celso Emilio Ferreiro.

Patrimonio (2). Unha reclamación de responsabilidade patrimonial por lesións sufridas como consecuencia dunha caída na rúa e un expediente de recuperación de danos causados por un vehículo nun bolardo na rúa Carriarico.

Contratación (2). Prórroga do contrato da póliza do seguro de responsabilidade civil patrimonial do Concello e modificación non substancial do contrato mixto de subministracións e servizos para a implantación dos sistemas de control de tráfico da Zona de Baixas Emisións de Ourense Centro.

Xestión económica (1). Unha relación de facturas correspondentes a gastos realizados en exercicios anteriores que non puideron seguir a tramitación ordinaria para a súa aprobación nos ditos exercicios.

Avogacía consistorial (6). Unha sentenza e un auto ditados polo tribunal de instancia da Sección do Contencioso-Administrativo Praza número 2 de Ourense, unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social Sección 1), e un auto do Tribunal de Instancia Sección do Contencioso-Administrativo Praza número 2 de Vigo.

Ademais, o Concello foi emprazado para comparecer e personarse en calidade de demandado en 2 procedementos diante dos tribunais de instancia da Sección do Contencioso-Administrativo, prazas número 1 e 2 de Ourense.

Comparte este artigo