Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación de Pontevedra abre este venres no Palacete das Mendoza a...

A Deputación de Pontevedra abre este venres no Palacete das Mendoza a exposición “Cor e vida” da pintora Soco Vara de Rey

- Anuncio -

A mostra da artista pontevedresa poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 5 de maio

A Deputación de Pontevedra abre ao público este venres, 19 de abril, a exposición “Color y vida”, na que a pintora pontevedresa Soco Vara de Rey recompila as súas pinturas na busca da cor e “da forma do meu verdadeiro eu”. A mostra poderá visitarse na sala de exposicións do Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas, ata o vindeiro 5 de maio.

Como explica a o propia artista, a súa obra actual xorde tras un período de cinco anos sen pintar. Un cambio na súa vida impulsouna a retomar os pinceis e encher os seus cadros de cores. Desta maneira, para crear as súas obras prepara o soporte cunha base de cor e despois “deixa fluír” o pincel ao ritmo da súa imaxinación e sentimento, algo que se pode observar en cada un dos cadros da mostra.

Soco Vara de Rey (Pontevedra, 1948) comezou a pintar de maneira autodidacta en 1970, aprendendo en Bilbao, onde residía, cos pintores Carmelo Bilbao e Consol Xiberta. Posteriormente, ao longo dos anos formouse con artistas como Eduardo Peña ou Enrique González, en Madrid, se ben tamén realizou diferentes cursos en Pakistán ou Viena, lugares nos que viviu en diferentes épocas da súa vida. Ten realizado exposicións, tanto individuais como colectivas, en Madrid, Viena, Asturias, Lugo, Valladolid, Barcelona, Mallorca ou Pakistán.

A exposición “Color y vida” que acollerá a partir deste venres o Palacete das Mendoza, pode visitarse ata o 5 de maio de luns a venres de 9:00 a 20:00 horas, sábados e festivos de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas e domingo de 10:00 a 14:00 horas.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas