Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación de Pontevedra destina outros 7 millóns de euros en achegas...

A Deputación de Pontevedra destina outros 7 millóns de euros en achegas aos concellos da provincia

- Anuncio -

O Goberno dá luz verde a tres millóns de euros para proxectos de infraestruturas e outros 4 millóns no marco do Plan Concellos que beneficiarán a 23 municipios

O goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe recursos por 7 millóns de euros que chegarán a 23 concellos da provincia. A Xunta de Goberno deu vía libre a proxectos de infraestruturas para Cangas, Sanxenxo, Silleda, Dozón e Ribadumia por tres millóns de euros (2.897.706 €), e aprobou case outros catro millóns (3.936.550 €) no marco do Plan Concellos “para obras de pavimentación, urbanización, saneamento e rehabilitación e ampliación de edificios, entre outras actuacións”, segundo informou a presidenta provincial, Carmela Silva. Das axudas do plan provincial beneficiaranse 19 municipios: Rodeiro, Lalín, Valga, Pontecesures, Sanxenxo, Vilanova de Arousa, Campo Lameiro, A Lama, Ponte Caldelas, Poio, Vilaboa, Mondariz-Balneario, Ponteareas, Gondomar, Mos, Pazos de Borbén, Soutomaior, O Rosal e A Guarda.

4 concellos do Deza recibirán recursos por 1,3 millóns de euros (1.312.400 €). No marco do plan provincial a Rodeiro irán 389.300 euros para mellorar camiños nas parroquias de Asperelo, Camba, Carboentes, Guillar, Pedroso e Portela. Ademais, Lalín levará a cabo dúas actuacións con 280.000 euros: o proxecto de urbanización de parte do tramo entre a Estrada de Rodeiro e a Rúa Calzada (200.000 €), e subministrará e colocará taboleiros de anuncios nas parroquias (80.000 €). Tamén foi aprobado o expediente de contratación do esperado proxecto de infraestruturas da mellora da intersección mediante rotonda na EP-7201 en Cachafeiro, en Silleda, cun orzamento de 273.100 euros e un prazo de execución de cinco meses, co que xa está listo para saír a adxudicación. Tamén se aprobou o proxecto de reposición do firme na EP-6106 Maceiras-Alvarellos, en Dozón, cun orzamento de 370.000€.

5 concellos do Salnés recibirán achegas por 2,2 millóns de euros (2.234.300 €). Co Plan Concellos Valga contará cun total de 509.200 euros cos que financiará catro actuacións: a pavimentación de estradas municipais (196.000 €), o saneamento (120.700 €), a construción dun parque de xogos infantís no entorno da Mina Mercedes, na parroquia de Campaña (102.300 €) e o acondicionamento do parque Irmáns Dios Mosquera xunto co remate de aseos e substitución dun valo perimetral (90.200€). Pola súa banda, para Pontecesures foi aprobada unha achega de 92.500 euros para acondicionar e mellorar diversas rúas e zonas. Ademais, a Xunta de Goberno aprobou 75.500 euros para o proxecto de valoración da asistencia técnica de expropiacións: mellora do sistema de saneamento en Vilanova de Arousa. As achegas do Plan tamén chegan a Sanxenxo cunha subvención de 337.700 euros, cos que se pavimentará o viario que une Vinquiño e Contumil, en Nantes, ampliando a plataforma e construíndo unha senda peonil. Para este concello foi aprobado tamén o expediente de contratación do proxecto de mellora da seguridade viaria e senda peonil na EP-9212 entre Noalla e a praia da Lanzada, que queda listo para adxudicar. Conta cun orzamento de 910.600 euros e un prazo de execución de cinco meses. Na área de infraestruturas tamén deuse luz verde ao proxecto de mellora e dotación de servicios das rúas 2 e 3 na urbanización Santa Eulalia, en Ribadumia, cuxo orzamento é de 308.800 euros.

Na comarca de Pontevedra o goberno aprobou máis de medio millón de euros (550.700 €) ao abeiro do Plan Concellos para outros cinco municipios. A Campo Lameiro irán 108.000 euros para actuacións en camiños de Cimadevila, Moraño, Paredes, Calexón e Congostra, Camiño Laxe e Redonde. A Lama contará con 64.800 euros para un centro de interpretación da natureza e o medio ambiente. 77.000 euros chegarán a Ponte Caldelas para o acondicionamento dunha zona verde; e 180.900 euros a Poio, cos que recuperará os entornos tradicionais do Camiño Casal. Ademais, Vilaboa reasfaltará viarios municipais en Postemirón, O Costal e O Muíño grazas a unha achega de 120.000 euros

Os recursos do Plan Concellos chegan tamén ás comarcas de Vigo, do Baixo Miño e do Val Miñor por 1,7 millóns de euros (1.701.650 €). Mondariz-Balneario contará con 143.200 euros para rehabilitar a cuberta e a fachada da casa consistorial e Ponteareas 186.850 euros para a rehabilitación enerxética da envolvente térmica e reforma interior da casa do concello. Pola súa banda, a Gondomar 234.350 euros para reformar o cruce da Avenida Conde de Gondomar coa rúa Emigrante (60.750 €) e o cruce da rúa Elduayen coa rúa Ángel Urzaiz (173.600 €). Mos poderá ampliar a rede de saneamento integral nas parroquias de Sanguiñeda e Petelos grazas a unha achega de 137.900 euros. Para Pazos de Borbén 90.800 euros para dotar de saneamento ao lugar de Pazos. Soutomaior realizará cos 348.600 euros que se achegan: a humanización da rúa Peirao-Arcade (183.000 €), habilitará unha edificación para un local multifuncional en Moreira (91.400 €) e mellorará e pavimentará o acceso á Igrexa de Soutomaior (74.200 €). O Rosal 388.600 euros para a ampliación da praza de abastos a través dunha nova construción conectada ao mercado, e A Guarda adecuará a planta baixo cuberta do edificio no que o concello ten a sede cunha achega de 171.350 euros.

Do mesmo xeito, na comarca do Morrazo os recursos provinciais chegan a Cangas coa aprobación do expediente de contratación para a mellora da seguridade peonil na EP-1005 Viso-O Hío, un proxecto que, como sinalou Carmela Silva, era unha demanda histórica no concello” e que ten un orzamento ascende a 1.035.200 euros e un prazo de execución de seis meses. A actuación xa está lista para ser adxudicada.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas