Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación de Pontevedra esixe a "inmediata retirada" da campaña da Xunta...

A Deputación de Pontevedra esixe a “inmediata retirada” da campaña da Xunta ao abeiro do 25N

- Anuncio -

Carmela Silva: “Que a retire xa e que pida desculpas. Está claro que non teñen coñecemento ningún porque é intolerable que o goberno galego ampare e permita unha campaña na que, unha vez máis, se pon o foco nas vítimas e non nos maltratadores”

O goberno da Deputación de Pontevedra esixiu hoxe “a retirada inmediata” da campaña de comunicación institucional da Xunta ao abeiro do 25N, que, segundo criticou a presidenta Carmela Silva, “debeu ser ideada por alguén que non ten ningún coñecemento sobre a igualdade e moito menos sobre as violencias machistas” .·”É intolerable –engadiu-, que o goberno de todas as galegas e os galegos idee, ampare e permita unha campaña na que, unha vez máis, se pon o foco nas vítimas e non nos maltratadores”.

A presidenta provincial amosou a súa “indignación” ante o contido da campaña e criticou que “está claro que o PP, goberne onde goberne, non ten coñecemento ningún, absolutamente ningún, sobre que é o sistema patriarcal o que xera as violencias e as agresións sobre as mulleres, e non o que fan as mulleres”. “As violencias machistas –afirmou – nacen dunha sociedade patriarcal que considera que as mulleres están nunha situación de inferioridade. Que non poden ser libres, nin tomar as súas propias decisións, que teñen que vivir en subordinación e teñen que ter control sobre a vida e a actividade que realizan. E xustamente esta campaña, en lugar de poñer o foco no maltratador, no asasino de mulleres, pona nas actividades que libremente teñen, poden e deben desenvolver as mulleres”.

Por esta razón, Carmela Silva reclamou amais da retirada de campaña, que a Xunta de Galicia “pida desculpas”. “É mellor non facer ningunha campaña que facer unha onde se pon no foco nas que somos agredidas nunha sociedade machista”, rematou.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas