Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación e a Real Academia Galega de Ciencias achegan este venres...

A Deputación e a Real Academia Galega de Ciencias achegan este venres os exoplanetas ao alumnado do IES O Carril no marco do ciclo de conferencias Aida Fernández Ríos

- Anuncio -

O instituto de Vilagarcía acollerá a segunda conferencia do programa dirixida a centros educativos na que a catedrática de Astrofísica Minia Manteiga impartirá a conferencia “Exoplanetas e a nova ciencia da astrobioloxía”

O ciclo de conferencias Aida Fernández Ríos que promove a Deputación de Pontevedra xunto coa Real Academia Galega de Ciencias chega este venres, 10 de maio, a Vilagarcía. O IES O Carril acollerá a partir das 12:55 horas a segunda conferencia do programa dirixida a centros educativos titulada “Exoplanetas e a nova ciencia da astrobioloxía”, a cargo da catedrática de Astrofísica do Departamento de Ciencias da Navegación e Enxeñería Mariña da Universidade da Coruña, académica da Real Académica Galega de Ciencias e vicepresidenta da Sociedade Española de Astronomía, Minia Manteiga.

Ata que se descubriu o primeiro planeta orbitando unha estrela diferente do Sol, no ano 1992, pensábase que o Sistema Solar era unha singularidade no Universo. Sen embargo, na actualidade, coñécese que non é así, xa que se descubriron máis de 5.300 planetas arredor de diferentes estrelas, algúns formando sistemas planetarios parecidos ao Solar. Con esta conferencia, Minia Manteiga explicará o gran reto tecnolóxico que supón a detección de exoplanetas e dará a coñecer o obxectivo principal dunha nova ciencia: a Astrobioloxía, que busca indicios de vida en planetas diferentes á Terra.

Trala conferencia no IES O Carril, o ciclo Aida Fernández Ríos continuará o día 22 de maio ás 12:20 horas no IES Plurilingüe A Paralaia de Moaña coa conferencia “Ser ou non ser hacker e o dilema dos “sombreiros””, a cargo de Manuel Caeiro, profesor titular de Enxeñaría Telemática da Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións da Universidade de Vigo. E o 13 de xuño, ás 11:30 horas, o IES de Salvaterra de Miño, acollerá a charla “O impacto das substancias cotiás no noso material xenético”, que será impartida pola profesora titular de Xenética e coordinadora do Grupo de Investigación en Nanotoxicoloxía e Toxicoloxía Xenética do Centro de Investigacións Científicas Avanzadas da Universidade da Coruña, Vanessa Valdiglesias. Ademais tamén se impartirá outra conferencia sobre “Medicamentos personalizados” a cargo de Carmen Álvarez, catedrática de Tecnoloxía Farmacéutica e académica da Real Academia Galega de Ciencias e da Real Academia de Farmacia de Galicia;

Conferencias dirixidas á cidadanía en xeral

As conferencias en centros educativos do ciclo Aida Fernández Ríos compleméntase con outras dirixidas á cidadanía en xeral que serán en formato seminario web e todas á mesma hora, ás 19:00 horas. Neste mes de maio terán lugar tres conferencias: a primeira o día 16 sobre “Os alimentos mariños son cruciais para a saúde do planeta e benestar da humanidade”, a cargo de Sebastián Villasante, doutor en Economía Aplicada; a segunda o 23 sobre “Aplicacións da intelixencia artificial para o procesamento da linguaxe natural. Novas tendencias e desafíos actuais”, impartida por Silvia García, integrante do Grupo de Tecnoloxías da Información da Universidade de Vigo; e a terceira o día 30 da man de Aurora Grandal, profesora titular de Paleontoloxía, que falará “De fósiles a humanos, unha historia de ida e volta”.

En xuño, o día 6, rematarán as conferencias dirixidas ao cidadanía en xeral con dúas charlas: “Os biomateriais no combate do cancro”, a cargo de Bárbara Blanco, investigadora Ramón y Cajal na Universidade de Santiago, e “Células CAR-T: novo paradigma no tratamento do cancro” a cargo de Mariona Baliu, responsable do Centro de Fabricación de Terapias Avanzadas de Galicia de Galaria.

Relacionadas

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

Publicacións Relacionadas