Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación e a Real Academia Galega de Ciencias organizan este xoves...

A Deputación e a Real Academia Galega de Ciencias organizan este xoves dúas conferencias online sobre cribado neonatal e a situación actual do VIH

- Anuncio -

Enmárcanse no Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos, un programa promovido para achegar a ciencia á sociedade

A deputada provincial Isabel Couselo e o presidente da Real Academia Galega das Ciencias, Juan Manuel Lema, abrirán a xornada

O ciclo de conferencias Aida Fernández Ríos que promoven a Deputación de Pontevedra e a Real Academia Galega de Ciencias continúa este xoves , ás 19:00 horas, cun webinario sobre epidemioloxía e terapia dirixido á cidadanía en xeral. A deputada provincial Isabel Couselo e o presidente da Real Academia Galega das Ciencias, Juan Manuel Lema, serán os encargados de abrir unha xornada na que Mª Luz Couce, directora da Unidade de Tratamento de Enfermidades Metabólicas Conxénitas do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, afondará no “Cribado neonatal, onde estamos e cara onde imos”, e Eva Póveda, directora científica do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, sobre “VIH: situación actual, avances e retos actuais”.

Galicia ten o programa de cribado neonatal máis amplo de España e un dos primeiros de Europa, un programa fundamental para detectar nos neonatos enfermidades conxénitas graves. Neste eido, a tamén xefa do servizo de Neonatoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, Mª Luz Couce, remarcará a importancia de seguir na vangarda e avanzar na investigación de novos estudos piloto xenéticos poboacionais.

No que respecta ao VIH, Eva Póveda dará a coñecer a situación actual da infección e os avances neste ámbito, claves para transformar a doenza nunha situación crónica. Neste eido, a investigadora destacará os novos retos para a continua mellora da saúde e calidade de vida das persoas que viven con VIH e para alcanzar os obxectivos de ONUSIDA en 2030.

O ciclo de conferencias Aida Fernández Ríos continuará o 25 de abril coa conferencia “O benestar psicolóxico, o equilibrio emocional e o desempeño no traballo” impartida por Fernando Salgado, catedrático de Psicoloxía do Traballo. Xa en maio terán lugar tres conferencias: a primeira o día 16 sobre “Os alimentos mariños son cruciais para a saúde do planeta e benestar da humanidade”, a cargo de Sebastián Villasante, doutor en Economía Aplicada; a segunda o 23 sobre “Aplicacións da intelixencia artificial para o procesamento da linguaxe natural. Novas tendencias e desafíos actuais”, impartida por Silvia García, integrante do Grupo de Tecnoloxías da Información da Universidade de Vigo; e a terceira o día 30 da man de Aurora Grandal, profesora titular de Paleontoloxía, que falará “De fósiles a humanos, unha historia de ida e volta”.

En xuño, o día 6, rematarán as conferencias dirixidas ao cidadanía en xeral con dúas charlas: “Os biomateriais no combate do cancro”, a cargo de Bárbara Blanco, investigadora Ramón y Cajal na Universidade de Santiago, e “Células CAR-T: novo paradigma no tratamento do cancro” a cargo de Mariona Baliu, responsable do Centro de Fabricación de Terapias Avanzadas de Galicia de Galaria.

Todas as charlas dirixidas á cidadanía en xeral serán ás 19:00 horas e en formato seminario web.

Conferencias nos centros de ensino
O V Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos contempla tamén cinco charlas dirixidas ao alumnado dos centros de ensino da provincia que imparten ESO, Bacharelato e ciclos formativos. Ademais da que acolleu o pasado xoves, 11 de abril, o IES Illa de Tambo de Marín terán lugar outras catro: “Ser ou non ser hacker e o dilema dos sombreiros” a cargo de Manuel Caeiro, profesor titular de Enxeñaría Telemática da Universidade de Vigo; “Medicamentos personalizados” a cargo de Carmen Álvarez, catedrática de Tecnoloxía Farmacéutica e académica da Real Academia Galega de Ciencias e da Real Academia de Farmacia de Galicia; “Exoplanetas e a nova ciencia de Astrobioloxía” a cargo de Minia Manteiga, catedrática de Astrofísica da Universidade da Coruña; e “O impacto das sustancias cotiás no noso material xenético” a cargo de Vanessa Valdiglesias, profesora titular de Xenética na Universidade da Coruña.

Relacionadas

A Deputación oferta esta semana dúas novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolven de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e programación A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico...

A Deputación organiza no Museo de Pontevedra unha xornada sobre Alfredo García Alén, figura...

0
A actividade terá lugar o xoves 30 de maio no Edificio Castelao e nela abordarase a traxectoria vital de García Alén, a súa faceta...

A Deputación leva esta semana a Soutomaior as XX Xornadas de Xenealoxía, Heráldica e...

0
As xornadas terán lugar entre este martes, 21 de maio, e o xoves 23 na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior e abranguen...

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

Publicacións Relacionadas