Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación fai pública a lista provisional de menores admitidos e excluídos...

A Deputación fai pública a lista provisional de menores admitidos e excluídos para optar ás 1.540 prazas dos Campamentos A Lanzada

- Anuncio -

Récord de solicitudes neste 2024 con 4.075 menores admitidos e excluídos, un 7% máis que o pasado ano. O prazo para emendar erros esténdese ata o 8 de maio

No mes de maio celebrarase o sorteo público para optar ás prazas dos Campamentos A Lanzada, que terán once quendas de actividades

A Deputación de Pontevedra acaba de publicar no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO) o listado provisional cos 4.075 menores admitidos e excluídos para optar a unha das 1.540 prazas dispoñibles para participar nunha das once quendas dos “Campamentos A Lanzada” 2024. Destes, 3.830 están admitidos, mentres que 245 están excluídos provisionalmente, o que supón o maior número de solicitudes nos últimos sete anos e un 7% máis que no 2023. A partir de mañá ábrese un prazo de 10 días hábiles, ata o 8 de maio, para emendar posibles erros. O listado pode consultarse na Sede electrónica da Deputación.

Cada nai, pai o titor legal recibirá un SMS cun código no número de teléfono indicado na solicitude, co que poderán acceder ao expediente e ver as causas de exclusión, podendo así proceder a emendalas para optar á inclusión dos menores no listado. Unha vez rectificadas as solicitudes excluídas, publicarase o listado definitivo e a data dos sorteo público das prazas, que terá lugar ao longo do mes de maio.

En canto aos cativos admitidos, a comarca con maior número de solicitudes é a de Vigo, con 2.106 rapaces e rapazas nados entre 2011 e 2016 admitidos, dos concellos de Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, Pazos de Borbén, Redondela, Salceda de Caselas, Soutomaior e Vigo. Síguelle Pontevedra, con 854 rapaces da Lama, Barro, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Marín, Moraña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Portas e Vilaboa. Na comarca do Salnés son 433 os menores admitidos, procedentes da Illa de Arousa, Cambados, Catoira, Meaño, Meis, O Grove, Pontecesures, Sanxenxo, Valga, Vilagarcía e Vilanova de Arousa.

En canto ao Condado-Paradanta, admitíronse 196 cativos da Cañiza, As Neves, Arbo, Covelo, Mondariz, Ponteareas e Salvaterra de Miño, mentres que 172 pequenos virán dos concellos do Morrazo (Bueu, Cangas e Moaña). No caso de Deza e Tabeirós-Terra de Montes, no listado provisional hai 165 nenos da Estrada, Agolada, Cerdedo-Cotobade, Forcarei, Lalín, Rodeiro e Silleda. Por último, hai 143 nenos do Baixo Miño aceptados, dos concellos da Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui.

Os campamentos, que se celebrarán entre o 23 de xuño e o 7 de setembro (se ben esta data está condicionada ao comezo do curso escolar 2024-2025), distribuiranse en once quendas de sete días de duración cada unha (de domingo a sábado) e están dirixidos a mozas e mozos empadroados nalgúns dos concellos da provincia nados entre os anos 2011 e 2016, ambos incluídos. En cada unha das quendas participarán 140 nenos ata completar as 1.540 prazas ofertadas, das que 210 estarán reservadas para menores en situación ou risco de exclusión social.

No Centro de Vacacións da Lanzada os cativos poderán desfrutar dun amplo programa de actividades entre as que destacan as actividades deportivas no propio campamento (deportes alternativos, tiro con arco, orientación, carreira de obstáculos), na praia (bodyboard, snorkel ou xogos de praia), actividades circenses (malabares, clown ou equilibrios), de coñecemento do medio, excursións a lugares como o Monte da Siradella ou a Illa de Ons, obradoiros, xogos ou veladas. Toda unha semana completa de ocio que rematará coa gran festa final, na que, ademais, se seleccionará a mascota do grupo entre as que crearán todos os cativos.

Relacionadas

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con Leo Leiño

0
O vindeiro martes 7 de maio para a rapazada dende os 6 anos Continuando coa programación de “Tui en letras 2024” que oferta máis dunha...

Mondariz recoñeceu o traballo e valentía das primeiras mulleres concelleiras

0
Das súas ganas de aportar e mellorar o mundo, de introducir a perspectiva da muller nos asuntos dun concello e dos sabores e sinsabores...

Conto en inglés para os nosos pequenos no Multiusos Mercado de Sabarís

0
Kid´s & us organiza unha xornada de conta contos en inglés coa colaboración do Concello de Baiona. O evento celebrarase o vindeiro sábado 11...

O Concello de Covelo acolle a II fase de niveis libre de patinaxe

0
Organizada polo Club Covelo Patinaxe Artístico recibirá a 270 deportistas de Pontevedra e Ourense O Concello de Covelo recibirá a 270 patinadoras e patinadores de...

Publicacións Relacionadas