A Deputación felicita aos titulados do Grao en Robótica da EPS de Enxeñería

Redacción

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este venres no acto de graduación dos alumnos e alumnas que remataron o Grao en Robótica da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela.

Neste evento, que tivo lugar no Salón de Actos da Facultade, o Deputado Provincial felicitou aos titulados e as súas familias e recalcou que “ao longo destes anos aprendestes programación, electrónica, automatización, intelixencia artificial e moitas outras disciplinas, pero sospeito que tamén aprendestes algo que non aparece nos plans de estudo: a convivir coa incerteza e a seguir buscando respostas cando non son evidentes”.

Nese sentido, recordou que “na Deputación de Lugo compartimos esa convicción. Por iso apoiamos á USC e ao Campus Terra, porque sabemos que detrás de cada estudante, de cada grupo de investigación e de cada proxecto universitario hai oportunidades para construír unha provincia con máis talento, máis innovación e máis futuro”.

Comparte este artigo