Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no...

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e Vilanova, cun investimento de máis de medio millón de €

- Anuncio -

No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a renovación do campo de fútbol de Pontearnelas, onde investirá 226.000 €

Ademais destas achegas, a Xunta de Goberno tamén aprobou outros 64.000 € para acometer en Silleda as obras de instalación, na praza Juan Salgueiro, dun skatepark e dunha pista multideportiva

Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíron xa máis de 2,1 millóns de euros entre concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar novos recursos no marco do Plan Extraordinario de Infraestruturas que, unidos aos fondos do Plan +Provincia, permitirán financiar integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e Vilanova, onde investirá máis de medio millón de euros. Ademais destas achegas, a Xunta de Goberno deu luz verde para destinar outros 64.000 euros a Silleda, para acometer obras de instalación dun skatepark e dunha pista multideportiva na praza Juan Salgueiro.

No caso do Grove, a Deputación de Pontevedra financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 € dos cales 214.000 proveñen do Plan +Provincia e 73.000 do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas. Neste espazo, que se atopa na actualidade en mal estado de conservación, procederase a substituír a cuberta, a aplicar un morteiro acrílico no exterior e a construír unha rampla de acceso.

Pola súa banda, en Vilanova de Arousa a institución provincial investirá 226.000 euros (156.149 € do Plan +Provincia e 70.000 € do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas) no cambio do céspede artificial do campo de fútbol de Pontearnelas por un de nova xeración. Será un sistema de céspede artificial de fibra monofilamento bicolor (verde claro e escuro), con marcaxe branca, segundo as normas da RFEF, do mesmo material que o resto do céspede. Os traballos inclúen a desmontaxe do céspede actual e do equipamento deportivo, a regularización do pavimento asfáltico, a limpeza do sistema de drenaxe, o subministro e instalación do novo céspede e a montaxe do equipamento deportivo.

Ademais destes recursos, tal e como explicou o presidente provincial Luis López, a Xunta de Goberno deu luz verde a outros 64.000 € do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas para o concello de Silleda. Con estes recursos, o Goberno local acometerá obras de instalación, na praza Juan Salgueiro, dun skatepark e dunha pista multideportiva. O primeiro proxéctase nunha parcela municipal situada nas proximidades da praza, ao carón da rúa Antón Alonso Ríos, e contempla a instalación de varios módulos para a práctica de patinaxe. No caso da pista multideporte, que terá canastras de baloncesto e porterías para fútbol, contará cun deseño modular. Neste caso, estará localizada no espazo público xa existente da praza.

Ata o momento, o Goberno provincial xa mobilizou máis de 2,1 millóns de euros chegando así ao ecuador do orzamento total do plan, que se abriu a todos os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia. Polo de agora aprobáronse recursos para A Cañiza, A Estrada, A Lama, Arbo, As Neves, Baiona, Barro, Cangas, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, Gondomar, Lalín, Marín, Meis, Mondariz-Balneario, Moraña, O Grove, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Silleda, Soutomaior, Valga, Vilaboa, Vilagarcía e Vilanova de Arousa.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas