Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación investirá máis de 750.000 euros no Concello de Vilamarín no...

A Deputación investirá máis de 750.000 euros no Concello de Vilamarín no actual mandato co Plan CooperOU

- Anuncio -

O presidente provincial, Luis Menor, mantivo hoxe unha reunión de traballo na Casa Consistorial de Vilamarín co alcalde, Amador Vázquez, para repasar as diversas liñas de cooperación abertas entre ambas administracións 

Un dos temas analizados foi o novo deseño de funcionalidade do Pazo de Vilamarín, no que se está a traballar de xeito coordinado co propio concello, “para dotar de actividades culturais, deportivas e lúdicas a este emblemático edificio”, sinalou o presidente provincial 

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, visitou hoxe o Concello de Vilamarín onde mantivo unha reunión de traballo co alcalde, Amador Vázquez, para repasar as diversas liñas de cooperación abertas entre ambas administracións. 

Neste sentido, cabe destacar que a Deputación de Ourense investirá máis de 750.000 euros no concello ao longo deste mandato a través do Plan CooperOU, “contribuíndo a dar resposta a numerosos proxectos para este territorio”, salientou Luis Menor.  

Un dos temas analizados durante o encontro foi o novo deseño de funcionalidade do Pazo de Vilamarín, no que se está a traballar de xeito coordinado co propio concello, “para dotar de actividades culturais, deportivas e lúdicas este emblemático edificio”, sinalou o presidente provincial. 

Pola súa parte, o Concello de Vilamarín demandou a colaboración da Deputación para  dotar ao municipio dun polideportivo que dea resposta á importante actividade existente no territorio. Tamén solicitou un tractor desbrozadora que lle permita realizar tarefas de prevención de lumes e limpeza de estradas, maquinaria concedida no marco do convenio de colaboración entre a Deputación e a Consellería de Medio Rural. 

Relacionadas

O Concello organiza mañá a Noite de Medo – Halloween cunha morea de propostas...

0
Os obradoiros infantís estarán este ano no Parque de San Lázaro, desde onde sairá ás 19.00 horas o desfile que rematará na Praza Maior A...

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 15 acordos na súa...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 15 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu a mediodía de...

O Concello lembra os servizos mínimos durante a folga do persoal dos días 31...

0
O Concello de Ourense lembra os servizos mínimos establecidos para a folga do persoal funcionario e laboral convocada para mañá, xoves, 31 de outubro,...

Luis Menor presenta en Celanova a primeira audioguía dixital multimedia da provincia que une...

0
O presidente provincial recalcou o carácter innovador desta iniciativa da Deputación, e visitou tamén en compañía do alcalde, Antonio Puga, e membros da Corporación...

O Ribeiro marida os seus viños coa arte e coa música nunha nova edición...

0
O Consello Regulador do Ribeiro, en colaboración coa Deputación a través do Centro Cultural Marcos Valcárcel, promove un ano máis un proxecto de maridaxe...

A Deputación de Pontevedra dedica aos olímpicos e paralímpicos da provincia a Gala do...

0
A gala , que a institución provincial está a organizar na cidade da oliveira, centrarase nun recoñecemento aos participantes nos Xogos de París, cunha...

Publicacións Relacionadas