Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación investirá preto de 220.000 € na posta en marcha un...

A Deputación investirá preto de 220.000 € na posta en marcha un novo asistente conversacional intelixente na web de Turismo Rías Baixas

- Anuncio -

Trátase, tal e como explicou o presidente provincial Luis López, dunha das accións do proxecto “Tourist Inside II”, co que a Deputación de Pontevedra está a transformar provincia de Pontevedra como Destino Turístico Intelixente

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar o expediente para contratar a posta en marcha dunha plataforma semántica e asistente conversacional por valor de preto de 220.000 euros. Esta actuación, tal e como explicou o presidente provincial Luis López, enmárcase no proxecto “Tourist Inside II”, financiado con fondos europeos, co que a Deputación de Pontevedra está a transformar a provincia como Destino Turístico Intelixente. “O mundo está evolucionando moi rapidamente e non queremos quedar atrás. Por iso, con esta iniciativa imos sumarnos ás vangardas, ás novas tecnoloxías, e introducir a intelixencia artificial na xestión do turismo”, asegurou López.

A través desta iniciativa dotarase á web de Turismo Ría Baixas dun asistente conversacional, os coñecidos como chabots intelixentes, que aproveitará os fluxos de datos e proporcionará ás persoas usuarias información de interese para dar resposta ás súas preguntas. O proceso que se pon en marcha con este contrato incluirá a creación dunha plataforma semántica, é dicir, unha estrutura que almacene, xestione e analice os datos, sincronizándose á vez coa información existente, para poder interpretar a información e dar, así, resposta ás demandas dos viaxeiros, logrando un turismo máis personalizado e diferenciador.

Luis López fixo fincapé na vontade co goberno provincial de “avanzar na transformación do sector turístico da provincia”, con iniciativas como esta nova aplicación de intelixencia artificial, ou as mesas de traballo para a elaboración da estratexia de turismo para os vindeiros anos, que comezaron o pasado luns en Vilanova de Arousa. “Seguimos avanzando para que todo o mundo poida coñecer e veña vivir, aquí, as múltiples experiencias 100% Rías Baixas”.

Relacionadas

A Deputación oferta esta semana dúas novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolven de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e programación A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico...

A Deputación organiza no Museo de Pontevedra unha xornada sobre Alfredo García Alén, figura...

0
A actividade terá lugar o xoves 30 de maio no Edificio Castelao e nela abordarase a traxectoria vital de García Alén, a súa faceta...

A Deputación leva esta semana a Soutomaior as XX Xornadas de Xenealoxía, Heráldica e...

0
As xornadas terán lugar entre este martes, 21 de maio, e o xoves 23 na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior e abranguen...

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

Publicacións Relacionadas