A Deputación mobiliza case 1 M€ en axudas, dos que 150.000 € facilitarán a mellora de 70 fogares de persoas maiores en 28 concellos da provincia

Redacción
Reunión da Xunta de Goberno da Deputación Ourense. Asisten Luis Menor Pérez (Presidente Deputación); Marta Nóvoa Iglesias (VicePresidenta 1ª), César Fernández Gil (VicePresidente 2º), Plácido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º), Rosendo Fernández (Deputado PPOU), Jorge Pumar Tesouro (Deputado PPOU), Manuel Seoane Rodríguez (Deputado PPOU); Patricia Torres Madureira (Deputado PPOU), María Teresa Barge Bello (Deputada PPOU), Begoña Álvarez Matos (Representante de Intervención), Juan Marquina Fuentes (Secretario da Deputación de Ourense).

Con esta liña de axudas consolídase “unha política orientada ao benestar dos maiores, un dos colectivos máis numerosos da provincia, apostando por facilitar o envellecemento na súa casa e no seu concello”, apuntou o presidente provincial, Luis Menor

En cooperación coas entidades locais, concedéronse 10 axudas destinadas a 7 concellos e unha mancomunidade por importe de 403.528,09 €, destinadas fundamentalmente a actividades e infraestruturas deportivas e mellora de viarios locais

En colaboración con entidades aprobáronse achegas por importe de 444.770,1 € a 20 colectivos, entre eles asociacións de persoas enfermas e discapacitadas, organizacións humanitarias, mundo empresarial; de promoción enogastronómica, cultura e mulleres rurais

Na sesión desta mañá tamén aprobouse a política de seguridade da información da Deputación, e dos seus organismos dependentes, un traballo moi especializado e de vital importancia para garantir a ciberseguridade da institución

Ourense, 6 de xullo de 2026.

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou hoxe a repartición de axudas por un importe próximo a 1 M€ (998.298,19), destinados á cooperación cos concellos y entidades, así como a facilitar o acondicionamento de fogares de persoas maiores.

Este último capítulo correspóndese coa resolución da segunda convocatoria de axudas destinadas á reforma de vivendas e adquisición de equipamento técnico para maiores de 65 anos e que tiña unha dotación económica de 150.000 €, o que supuxo un aumento do 50 % con respecto á primeira edición deste programa. Así, concedéronse un total de 70 axudas que permitirán mobilizar máis de 225.000 euros en obras de mellora das vivendas.

A resposta a esta convocatoria foi rotunda, pois presentáronse 300 solicitudes e o crédito esgotouse ao día seguinte da apertura do prazo. Unha demanda que confirma “a necesidade real deste tipo de axudas entre as persoas maiores, e que reforza a aposta da institución por manter e ampliar esta liña de apoio”, declarou o presidente da Deputación, Luis Menor, na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno.

“Estas achegas destínanse a paliar os condicionantes que máis inflúen no día a día das persoas maiores no seu fogar”, explicou Luis Menor, sinalando que as obras máis solicitadas foron as de mellora da habitabilidade, seguidas de accesibilidade e adquisición de axudas técnicas.

En conxunto, oito de cada dez euros concedidos (120.000 €) son para investimento en obra e equipamento, mentres que os 30.000 € restantes cobren gasto corrente, “o que garante que o groso da axuda se traduza en melloras materiais e duradeiras”, apuntou o presidente provincial.

Cada persoa beneficiaria recibirá unha contía media de 2.142,86 €, e máis da metade, o 54,3%, alcanzou a cantidade máxima de 2.500 € por solicitude (este ano tamén incrementouse a axuda máxima en 500 €).

O impacto do programa repártese por toda provincia, alcanzando o 30% dos 91 municipios da provincia, encabezados por Ribadavia, A Veiga, Piñor e Pereiro de Aguiar, que concentran o maior número de persoas beneficiarias. A estes concellos séguenlle A Gudiña, A Mezquita, Amoeiro, Avión, Castrelo do Val, Cenlle, Esgos, Leiro, Lobios, Manzaneda, Maside, Melón, Muíños, Nogueira de Ramuín, O Carballiño, Oimbra, Parada de Sil, Riós, San Cristovo de Cea, Sarreaus, Trasmiras, Verín, Viana do Bolo e Xunqueira de Ambía.

O obxectivo último destas intervencións é facilitar a mobilidade e a autonomía dos maiores no seu domicilio, para que poidan prolongar a súa residencia na vivenda habitual, na súa contorna e coa súa xente. Trátase en definitiva, destacou o presidente provincial, “de acompañar un envellecemento activo, seguro e digno, evitando desprazamentos non desexados e reforzando o arraigamento ao territorio”.

Con esta liña de axudas, a Deputación de Ourense consolida “unha política orientada ao benestar das persoas maiores, un dos colectivos máis numerosos da provincia, apostando por facilitar o envellecemento na súa propia casa e no seu concello”, subliñou Luis Menor.

Cooperación co concellos

En cooperación coas entidades locais, a Xunta de Goberno concedeu un total de 10 axudas destinadas a 7 concellos e unha mancomunidade por importe de 403.528,09 €, destinadas fundamentalmente a actividades e infraestruturas deportivas e mellora de viarios locais. En detalle, as achegas aprobadas foron:

ñ          117.820,03 € ao Concello de Lobios para melloras no entorno do balneario de Lobios.

ñ          7473,08 € para a BTT Rutas por Larouco.

ñ          20.000 € para o programa deportivo-terapéutico de Muíños, no que tamén participan Lobios e Lobeira.

ñ          4.235 € para traballos técnicos en Riós.

ñ          50.000 € á Mancomunidade de concellos da comarca de Verín para gastos de funcionamento.

ñ          106.000 € para tres actuacións en Cartelle: melloras no campo de fútbol de Outomuro (10.000 €); e dúas axudas de 48.000 € cada unha para reparación de camiños e pistas municipais.

ñ          35.000 € a Coles para firme no camiño en Soutullo de Arriba.

ñ          62,999,98 € a favor do Concello de Cualedro para a pavimentación da pista do Larouco.

Colaboración con entidades

Polo que respecta a entidades, concedéronse preto de 445.000 € (444.770,1 €) a 20 colectivos dos máis diversos ámbitos, entre eles asociacións de persoas enfermas e discapacitadas, organizacións humanitarias, mundo empresarial; de promoción enogastronómica, cultura e mulleres rurais. Así figuran:

ñ          40.000 € para a Fundación Discapacitados Psíquicos Terra de Celanova.

ñ          30.000 € ao Banco de Alimentos de Ourense.

ñ          20.000 € á Federación Española de Deportes Discapacidade Intelectual (FEDDI), para o Campionato do mundo atletismo pista corta Virtus 2026.

ñ          3.000 € para a “Carreira Vilamartín, contra o cancro de Páncreas”, organizada pola Asociación Cancro de Páncreas de Valdeorras (ACAPAVAL).

ñ          50.000 € para gastos de funcionamento da Asociación de Empresarios do Barco de Valdeorras (AEVA).

ñ          45.000 € ao Consello Regulador Ribeiro para gastos de funcionamento, servizo de certificación de produto e organización de misións inversas.

ñ          32.000 € con destino á Ruta do Viño de Valdeorras para o convenio de colaboración e apoio á Ruta das Covas.

ñ          25.000 € á Asociación Amigos da cociña Galega, para promoción da gastronomía e produtos ourensáns.

ñ          20.000 € para a Federación de Mulleres Rurais en concepto de gastos de funcionamento.

ñ          20.000 € á Universidade de Vigo para as escavacións no Castro de Armea.

ñ          18.000 € para gastos de funcionamento do Museo  do Pobo Galego.

ñ          10.000 € co mesmo destino para  a Real Academia das Belas Artes.

ñ          10.000 € para gastos de funcionamento da asociación cultural Rebulir.

ñ          4.000 € a favor da Agrupación Musical Lopolias, para gastos de funcionamento.

ñ          75.000 € á Federación Galega de Fútbol para a Copa Deputación fútbol e futsal masculino e feminino.

ñ          15.000 € ao Sporting de Celanova, para gastos de funcionamento do club.

ñ          10.770,10 € a favor do Club Deportivo Verín para a renovación do céspede.

ñ          8.000 € á Escudería Taboadela para a Subida a Taboadela.

ñ          6.000 € ao Club Sincronizada Ourense para o campionato galego.

ñ          3.000 € con destino ao Club Val de Támega para gastos de funcionamento.

Seguridade da información

Na sesión desta mañá tamén aprobouse a política de seguridade da información da Deputación, e dos seus organismos dependentes, un traballo moi especializado e de vital importancia para garantir a ciberseguridade da institución.

Na actualidade, a Área de Transparencia e Goberno Aberto  da Deputación está a realizar os trámites oportunos para obter a certificación no Esquema Nacional de Seguridade, o que implica dispoñer de protocolos para xestionar e garantir a confidencialidade, integridade e dispoñibilidade de todos os datos da Deputación, protexéndoos fronte a danos accidentais ou ataques deliberados.

O obxectivo final con este proceso é garantir a calidade da información e a prestación continuada dos servizos ao cidadán, agora que se está a impulsar a administración dixital, actuando de modo preventivo, supervisando a actividade diaria e reaccionando con axilidade ante calquera incidente.

Outros asuntos

A orde do día pechouse con outros asuntos de trámite, como tres modificacións do plan provincial de cooperación que afectan aos concellos de Barbadás, Celanova e Xunqueira de Ambía; unha expropiación para a segunda fase da mellora da travesía de Ribela, en Coles, na OU-552; e a proposta de reparto de uso dos espazos do Pazo dos Deportes Paco Paz para a tempada 2026-2027.

Comparte este artigo