Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación patrocina a etapa 12ª de “A Volta 24”, con inicio...

A Deputación patrocina a etapa 12ª de “A Volta 24”, con inicio en Ourense, percorrido por unha ducia de municipios da Ribeira Sacra e final en Manzaneda

- Anuncio -

O presidente provincial, Luis Menor, e o director da Volta, Javier Guillén, presentaron no miradoiro Pé do Home, en Nogueira de Ramuín, esta etapa que se disputará integramente en Ourense o 29 de agosto


A 79ª edición da Volta a España “volverá ser un novo éxito de promoción internacional da nosa provincia e contribuirá a seguir incrementando o número de visitantes a Ourense”, sinalou Luis


Menor Javier Guillén destacou o “valor incalculable” de promoción do territorio que supón acoller unha proba este nivel que “xa supera os 400 millóns de espectadores cada ano”


Esta etapa será a 3ª etapa da Volta disputada integramente na provincia de Ourense, así como a 18ª saída de etapa e a 17ª meta da Volta na nosa provincia

O miradoiro Pé do Home, en Nogueira de Ramuín, acolleu esta mañá a presentación da 12ª etapa de “A Volta 24” que, co patrocinio da Deputación de Ourense, disputarase integramente en territorio da provincia. O presidente provincial, #Luis Menor, e o director da Volta Ciclista a España, Javier Guillén, acompañados polos alcaldes dos municipios ourensáns polos que transcorre a proba, presentaron os detalles deste evento deportivo.
A 12ª etapa da Volta, que se disputará en Ourense o 29 de agosto, transcorrerá por unha ducia de municipios da zona da Ribeira Sacra. O pelotón sairá da cidade para disputar o 133 km de percorrido, pasando polos municipios do Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas, Paderne de Allariz, Maceda, Esgos, Nogueira de Ramuín, Parada de Sil, A Teixeira, Castro Caldelas, San Xoán de Río, Trives e con final na estación de montaña de Manzaneda.

Luis Menor lembrou que a Ribeira Sacra, candidata a Patrimonio Mundial da UNESCO, demostrou ser “un lugar perfecto para o ciclismo con tramos esixentes de gran dureza, que discorren por unha contorna inigualable para o deleite dos ciclistas e tamén dos millóns de afeccionados que seguen este espectáculo do ciclismo por todo o mundo”.

Javier Guillén explicou que “o ciclismo en roteiro defínese por dúas cuestións: a épica e a estética e, en base a esas dúas definicións fixemos unha etapa redonda: deportivamente moi emocionante e esteticamente apaixonante. Asegurou que os veciños e veciñas da provincia “van sentir orgullosos do que teñen e do lugar no que viven”.

A Volta, escaparate mundial da provincia de Ourense

A 79ª edición da Volta a España “volverá ser un novo éxito de promoción internacional da provincia e contribuirá a seguir incrementando o número de visitantes a Ourense, grazas ao gran impacto mediático, promocional e publicitario que supón acoller unha das 21 etapas da Volta deste ano”, destacou o presidente provincial.
Neste sentido, Luis Menor lembrou que A Volta “é, sen dúbida, un dos eventos deportivos de maior proxección no mundo, e que unha vez máis, grazas ao compromiso da Deputación, volve ter a Ourense como protagonista dunha das súas etapas”.
Ademais, cabe destacar que a caravana publicitaria da Volta realizará na etapa ourensá dúas paradas técnicas: unha en Nogueira de Ramuín e outra en Castro Caldelas. Mentres que, o parque volta instalarase en Trives desde as 16:30 ás 20:00 horas e o acceso é libre.
Ao fío disto, o director da Volta explicou que se trata dunha carreira que move a máis de 3.000 persoas que estarán máis dunha noite na provincia de Ourense. “Chegaremos a 190 países cunha particularidade nesta etapa, e é que as 3 horas e media de retransmisión faranse sobre a provincia de Ourense, promocionando recursos como “Ourense Termal”, a Ribeira Sacra e a estación de montaña de Manzaneda.
Por iso, Javier Guillén dixo que esta promoción do territorio “ten un valor incalculable” sinalando que ademais se realiza “a través dun deporte tan seguido e multitudinario como é o ciclismo que nos fai ser un vehículo de primeiro nivel, superando xa os 400 millóns de espectadores cada ano”.
3 etapas da Volta disputadas integramente na provincia
A 12ª etapa da Volta 24, que unirá Ourense e a estación de montaña de Manzaneda será a 3ª etapa da Volta disputada integramente na provincia de Ourense, así como a 18ª saída de etapa e a 17ª meta da Volta na nosa provincia. Por iso, #Luis Menor agradeceu ao director da Volta que “sempre que esta proba ten a ocasión de vir a Galicia, unha das súas paradas obrigatorias na nosa Comunidade sexa a provincia de Ourense”.

Relacionadas

A Deputación supervisa en Poio os traballos de conservación de firme na estrada provincial...

0
A deputada de Infraestruturas, Belén Cachafeiro, visitou xunto co alcalde de Poio, Ángel Moldes, esta actuación na que se están a investir 80.000 euros...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Vilagarcía de Arousa para...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou o concello coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

A Deputación leva este venres ata Fornelos de Montes e Mondariz-Balneario o circuíto +Escénicas

0
“Unhas risadas sorprendentes”, de A Maga Fani e Martín Camiña Ilusionista, chegará ás 11:00 horas ao Colexio Público Dr. Suárez de Fornelos, e “Contacontos...

A vicepresidenta da Deputación asiste ao almorzo informativo ofrecido polo conselleiro de Sanidade en...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este mércores ao almorzo informativo ofrecido por Antonio Gómez Caamaño, conselleiro de Sanidade da Xunta...

O PP esixe que o Concello de Vilar de Barrio cumpra coa legalidade nas...

0
O Partido Popular esixe que o Concello de Vilar de Barrio cumpra coa legalidade no que atinxe ás condicións de traballo das empregadas do...

Luis López inaugura en Marín a reforma do pavillón da Cañota: un impulso de...

0
O presidente provincial, acompañado pola alcaldesa e deputada María Ramallo, comproba o remate dunhas obras que melloran a imaxe, a accesibilidade e a eficiencia...

Publicacións Relacionadas