A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 18 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu ao mediodía de hoxe no salón de plenos.
Licenzas e aperturas (6). Concedeu as licenzas de obra para os proxectos de rehabilitación dunha vivenda unifamiliar en Outeiro, Velle; para a reforma dun edificio na rúa San Paio, para a rehabilitación dunha vivenda nun edificio da rúa Santo Domingo; para a execución dun muro de contención no Camiño do Monte, para a legalización das obras dun almacén na rúa Puga Noguerol e para a reforma dunha edificación na rúa do Progreso para centro de control operativo de Aqua-Ou.
Disciplina (3). Incoou os expedientes de declaración da ruína de dous inmobles na rúa García Mosquera e Avenida de Bos Aires. Tamén impuxo unha multa coercitiva por incumprir unha orde de demolición de obras executadas sen título habilitante.
Patrimonio (3). Considerou un particular desistido dunha reclamación de responsabilidade patrimonial, arquivou un expediente de reclamación de danos e requiriu unha aseguradora para que indemnice o Concello polos danos causados por un coche na glorieta de Pardo de Cela.
Contratación (1). Aprobou o expediente para contratar o servizo de mantemento do centro de proceso de datos do Concello
Xestión económica e orzamentaria (1). Aprobou unha relación de facturas, correspondentes a gastos realizados no exercicio 2025, que non puideron seguir a tramitación ordinaria para a súa aprobación no dito exercicio.
Avogacía consistorial (4). Deu conta dunha sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e doutras dúas do Tribunal de Instancia da Sección do Contencioso-Administrativo, Praza número 2, de Ourense. Tamén foi informada de que o Concello foi emprazado para comparecer diante do Tribunal de Instancia Sección do Contencioso-Administrativo, Praza número 1, nun procedemento ordinario.

