Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación pon a disposición dos concellos da provincia 4 millóns de...

A Deputación pon a disposición dos concellos da provincia 4 millóns de euros para que poidan facer fronte a políticas sociais

- Anuncio -

A institución provincial publicou este martes no Boletín Oficial da Provincia as bases da convocatoria das Axudas Básicas de Emerxencia, cun orzamento de 830.000 euros, e do Plan de Cofinanciamento dos servizos sociais municipais, con 3,1 millóns de euros

A Deputación de Pontevedra pon a disposición dos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia axudas por preto de 4 millóns de euros para facer fronte a políticas sociais. En concreto, trátanse de 830.000 euros para a prestación das Axudas Básicas de Emerxencia e de preto de 3,1 millóns de euros para o Plan de Cofinanciamento dos servicios sociais comunitarios municipais. Coa publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, os concellos teñen desde este mércores,5 de febreiro, un mes de prazo para solicitar estes recursos.

As Axudas Básicas de Emerxencia, con contías máximas que oscilan entre os 7.800 e os 14.000 euros por concello, van destinadas a atender as demandas da cidadanía que se atope en situación ou risco de exclusión social, con especial atención a aquelas persoas que teñan menores ao seu cargo. Dos 830.000 euros mobilizados, 230.000 € máis que o pasado ano, preto de 620.000 van destinados a gasto corrente, como alimentación, uso da vivenda, pagamento de servizos e subministros básicos, e máis de 210.000 a investimentos.  

Ademais, a Deputación de Pontevedra tamén acaba de activar o Plan de Cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios municipais, a través do cal pon a disposición preto de 3,1 millóns de euros, con contías máximas que oscilan entre os 24.000 e os 120.000 euros por concello. Estes recursos distribúense en 1,2 millóns de euros dirixidos a sufragar a prestación directa do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), un servizo que atende a persoas maiores e con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu medio inmediato, e complétanse cos preto de 1,9 millóns para cubrir os custos do persoal dos Servizos Sociais Comunitarios nos concellos.

Relacionadas

Armando Bastida, criar con sentido común ou como educar sen morrer no intento

0
A Semana da Educación arrancou este luns a súa décima edición coa conferencia do enfermeiro experto en saúde infantil e educación, que ofreceu ao...

Arbo e Sainte-Terre fortalecen lazos de unión coa firma do irmandamento en Francia

0
• No Salón de Plenos do Municipio de Sainte-Terre, levou a cabo a firma oficial do Memorando de Entendemento entre Santa Terre (Francia) e...

O Pavillón de Carballedo pasará a denominarse “Xose Luis Bouzas Ambroa, O Rubio”

0
O PP vota NON a reclamar a mellora do tendido eléctrico, e impide o debate dunha moción de rexeitamento a megacelulosa de Altri O Pleno...

O Concello de As Neves segue mellorando os accesos ás vivendas da veciñanza

0
• Actuacións na zona de Guláns/Estación para  garantir mellores infraestruturas locais  As Neves a 10 de febreriro de 2025.- O Concello de As Neves continúa...

O Concello lanza unha campaña especial por San Valentín

0
Con “Tui, meu amor” aposta por eventos inmersivos para disfrute de toda a familia O Concello de Tui presenta a campaña "Tui, Meu Amor" con...

A Eurocidade Tui-Valença celebra trece anos de cooperación transfronteiriza

0
Un concerto este sábado ás 21 h no Teatro Municipal conmemorará este aniversario A Eurocidade Tui-Valença celebra trece anos de cooperación transfronteiriza cun concerto a...

Publicacións Relacionadas