Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación pon en marcha rutas gratuítas para dar a coñecer e...

A Deputación pon en marcha rutas gratuítas para dar a coñecer e divulgar os recursos culturais, naturais e patrimoniais da provincia

- Anuncio -

Organizadas dentro das accións da Axenda Urbana e Rural de Pontevedra (AUPO2030), son cinco itinerarios que ofertarán un total de 125 prazas para descubrir lugares de Nigrán, Tui, A Toxa, Mondariz e Vigo

O prazo para inscribirse comeza este mércores, 10 de xullo, ás 12:00 horas, e a lista de participantes conformarse por orde de chegada de inscricións

A Deputación de Pontevedra pon en marcha neste mes de xullo rutas gratuítas para dar observar e descubrir diferentes localizacións da provincia, o seu patrimonio e natureza, así como os aspectos menos coñecidos da súa historia. En total, serán cinco itinerarios nos que poderán participar 125 persoas (25 por ruta) e que a institución provincial desenvolve como parte das accións da Axenda Urbana e Rural de Pontevedra (AUPO20230), coa que está a deseñar un modelo de desenvolvemento urbano e rural para ser unha provincia máis sustentable, resiliente, inclusiva e segura. As persoas interesadas en participar poderán inscribirse a partir das 12:00 horas deste mércores 10 de xullo a través dun formulario que se habilitará na web da Deputación.

A primeira das rutas desenvolverase o martes 16 de xullo e terá lugar pola Foz do Miñor, un complexo intermareal situado na Ramallosa (Baiona) no que verten as súas augas tres cursos fluviais. Un ecosistema, de grande importancia no mantemento dos hábitats de litoral e na mitigación dos efectos do cambio climático, xunto co complexo dunar da praia da Ladeira, que forma parte da Rede Natura 2000 e é un espazo apropiado para as actividades de observación de avifauna.

O seguinte dos itinerarios terá lugar o xoves 18 de xullo e percorrerá a cidade de Tui, na que se poderán descubrir os arrabaldes da cidade medieval e o barrio da Oliveira, onde se situaban a fortaleza episcopal e a igrexa de Santa María da Oliveira e que conta con exemplos da arquitectura civil da época medieval, coma casas-torre, casas ornamentadas ou tamén casas de taboado, así como a praza da propia catedral, na que destaca súa portada gótica, a primeira na península ibérica. O percorrido remataría na Porta da Pía, resto da fortificación construída en tempos de Fernando II de León e Galicia, coa análise da pía ou baño ritual xudeu e da sinagoga.

O martes 23 de xullo será a quenda da Illa da Toxa. Situada no concello do Grove, é un dos lugares máis famosos de toda Galicia co redescubrimento das augas termais no século XIX. Neste percorrido coñecerase a súa historia e os principais personaxes históricos (marqués de Riestra, Daniel Vázquez-Gulías, Antonio Casares…), que axudarán a entender a relación e a importancia que tivo a illa ao longo do tempo no desenvolvemento do municipio, facendo un percorrido polos principais recursos turísticos, as súas edificacións, a contorna natural, a cultura mariñeira e os seus oficios e idiosincrasia.

As rutas continuarán o xoves 25 de xullo cun percorrido por Mondariz-Balneario onde, partindo desde a fonte de Troncoso, proxectada polo arquitecto porriñés Antonio Palacios, proseguirase polo paseo para ver os Pasos de Nota, as poldras que permiten cruzar o río Tea ata o antigo barrio do Outeiro, o núcleo primixenio do concello, que acolle boas mostras de arquitectura tradicional galega. A continuación, visitarase o exterior da Quinta do Outón, continuando ata a praza de abastos da vila para rematar no Balneario de Mondariz.

Por último, o 30 de xullo a Deputación ofrece un percorrido histórico e arqueolóxico das orixes da industria conserveira en Vigo, que foi o motor de industrialización desde o século XIX coa Revolución industrial. Desta maneira, este itinerario fará un percorrido polas historias e os lugares nos cales se protagonizaron estas revolucións económicas e sociais arredor da riqueza da ría para comprender mellor a historia da cidade como motor económico de Galicia.


Poderanse anotar no programa a persoa que cubre o formulario e un máximo de tres acompañantes. Unha vez que se reciban as 25 primeiras inscricións por itinerario pecharase o percorrido e crearase a lista de agarda, para a que tamén é necesario realizar inscrición. Todas asa rutas darán comezo ás 10:30 horas, terán unha duración aproximada dunha hora e media e as persoas beneficiarias deberán desprazarse ata o punto de arranque establecido polos seus propios medios.

Relacionadas

O alcalde e membros do comité organizador presentan a terceira Andaina Concello de Campo...

0
Celebrarase o 22 de setembro e realizarase sobre tres percorridos: un de 24 kms., outro de 14 kms. e un pequeño de 8 kms. Por...

O vicepresidente da Deputación Rafa Domínguez participa na inauguración da exposición “Pontevedra no tempo”

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, xunto co deputado de Cultura, Jorge Cubela, participou hoxe na sede Afundación de Pontevedra no acto...

A deputada Isabel Couselo reúnese co alcalde de Vilanova para seguir avanzando na estrada...

0
Trala posta en marcha do convenio para a primeira fase da actuación na estrada provincial EP-9701 Baión-András, a deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e...

A cidadanía de Covelo poderá cubrir as zonas de sombra con tecnoloxía satelital

0
O servizo de Hispasat ofrece banda ancha por satélite de calidade O Concello de Covelo informa que para aqueles veciños e veciñas que non conten...

Turismo e ecoloxía van da man cos Roteiros Ambientais do Concello de Redondela

0
As actividades comezaron hoxe cunha ruta en kaiak pola Portela, e haberá outras catro saídas esta semana pola Senda da Auga, visitas nocturnas pola...

A Deputación de Pontevedra deberá aboar 350.000 euros a Soutomaior

0
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de dar á razón ao Goberno de Soutomaior no xuízo polas axudas Reacciona Pontevedra (REACPON)...

Publicacións Relacionadas