Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación recibe a cifra récord de proxectos para optar aos Premios...

A Deputación recibe a cifra récord de proxectos para optar aos Premios Provinciais á Xuventude: 190 iniciativas, 80 máis que na convocatoria de 2023

- Anuncio -

A edición deste ano, que repartirá 36.000 € entre as mellores iniciativas, inclúe once categorías de galardóns para recoñecer o talento de mozos da provincia

A Deputación de Pontevedra recibiu este ano de preto de 190 traballos da mocidade da provincia para optar aos Premios Provinciais á Xuventude, un dato que supón o récord de prescricións na historia destes galardóns. En total, son 80 traballos máis que os presentados na edición anterior, cando foron 108 os proxectos presinscritos. Todos eles poderán optar a un total de 36.000 euros en premios distribuídos en once categorías diferentes que buscan recoñecer o talento e potencial da xuventude, estimular e recoñecer a súa traxectoria, o seu esforzo e compromiso, así como labores relevantes que promovan en distintos ámbitos.

En concreto, recibíronse 56 propostas na categoría de fotografía orixinal, 37 en traballo literario breve, 19 en deseño e moda, 15 en investigación, 14 de contido audiovisual, 11 de iniciativa empresarial, 10 de banda deseñada, 9 traballos musicais, 8 na categoría de educación en valores, 7 en reacción polo clima e 2 iniciativas estudantís, convocada neste 2024 por vez primeira. Agora, as persoas solicitantes deberán presentar os seus proxectos definitivos antes do 19 de agosto.

En canto aos premios, a categoría de iniciativa estudantil está dotada con 2.000 euros; iniciativa empresarial, con 4.000 €; educación en valores, con 2.000 €; investigación (coas subcategorías de ciencias, arquitectura e enxeñería e a de artes, humanidades e ciencias sociais e xurídicas), con 8.000 €; contido audiovisual, con 2.000 €; traballo musical (música clásica e outros xéneros), con 4.000 €; traballo literario breve (narrativa e poesía), con 4.000 €; banda deseñada, con 2.000 €; fotografía orixinal (serie fotográfica e fotografía), con 4.000 €; deseño e moda, con 2.000 €, e reacción polo clima, con 2.000 €.

En xeral, a estes Premios Provinciais á Xuventude podían presentarse persoas de 16 a 35 anos empadroadas na provincia de Pontevedra, se ben nas categorías de iniciativa empresarial e de reacción polo clima tamén podían concorrer persoas xurídicas nas que polo menos un 75% da xunta directiva ou dos administradores teñan esa idade. Nesta última, ademais, tamén podían presentarse centros de Educación Secundaria en cuxos proxectos participen alumnas e alumnos de idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos, aos que tamén estaba dirixida a categoría de educación en valores. Nesta categoría o importe do premio deberá destinarse na súa totalidade á adquisición de material, a saídas educativas, a proxectos escolares, a bolsas para o alumnado ou a calquera outra actividade que teña relación directa coa programación do centro.

Relacionadas

A Deputación custodiará a última bandeira arriada no cuartel de San Francisco, trala disolución...

0
A última enseña deste rexemento estivo gardada desde o ano 1987 por Fernando Ramos, autor do libro “La huella en Ourense del Zamora 8”,...

Mondariz celebra o primeiro Serán das Letras cun roteiro literario e un recital poético

0
Render homenaxe ás letras, concretamente ás galegas, é o obxectivo do I Serán das Letras que o Concello de Mondariz organiza da man de...

O PP de Tomiño lamenta que o goberno local rexeite as accións de ...

0
O PP DE TOMIÑO LAMENTA QUE O GOBERNO LOCAL REXEITE AS  ACCIÓNS DE REFORZO DA SEGURIDADE VIARIA NA RÚA REPÚBLICA  ARXENTINA E ADVIRTE DA...

Tui celebrará o 2 de xuño a I Marcha Ciclista polo Medio Ambiente

0
O domingo, 2 de xuño, terá lugar a I Marcha Ciclista polo Medio Ambiente organizada polo Concello de Tui. Esta actividade forma parte do...

A Xunta e o Concello de Barro estudan o proxecto para instalar unha nova...

0
A Xunta de Galicia e o Concello de Barro estudaron a posibilidade de instalar unha nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) na localidade. Nunha...

Luis López sinala o investimento de 770.000 euros para mellorar a mobilidade entre Baión...

0
O presidente provincial, acompañado polos deputados Isabel Couselo e Javier Tourís e o alcalde Gonzalo Durán, presenta á veciñanza deste Concello o proxecto para...

Publicacións Relacionadas