Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación reforza o seu compromiso coa posta en valor do castelo...

A Deputación reforza o seu compromiso coa posta en valor do castelo de Monterrei

- Anuncio -

A institución provincial e a Axencia de Turismo de Galicia renovaron o convenio anual co Concello de Monterrei para cofinanciar a limpeza, conservación e mantemento do castelo

O alcalde de Monterrei, José Luis Suárez, resalta o apoio da Deputación: “O Concello non ten recursos suficientes para estes traballos, polo que este convenio é clave para nos, garante co castelo sempre estará en perfecto estado”. O rexedor destaca a vontade de cooperación de Manuel Baltar: “O seu compromiso é férreo. Sempre está aí, axudando e cooperando”

O orzamento anual para este traballos no castelo de Monterrei suma 60.000 euros, dos que a Deputación de Ourense achega 40.000 euros e a Axencia de Turismo de Galicia, 20.000 euros

A Deputación ven de reforzar o seu compromiso co castelo de Monterrei tras renovar, un ano máis, o convenio coa Xunta de Galicia -a través da Axencia de Turismo de Galicia- e o Concello de Monterrei para a limpeza, conservación e mantemento desta xoia patrimonial da provincia de Ourense. O orzamento para os traballos alcanza 60.000 euros, dos que a Deputación achega 40.000 euros e a Axencia de Turismo de Galicia, 20.000 euros.

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, asinou esta semana o convenio no Pazo Provincial durante unha reunión co alcalde de Monterrei, José Luis Suárez, na que tamén se avanzaron en novas liñas de colaboración.

O rexedor sinalou o seu agradecemento á Deputación: “Un ano máis, temos que agradecer o compromiso da Deputación para renovar este convenio. Para nós é vital ter o castelo en perfecto estado, e no Concello non temos recursos suficientes para afrontar estes traballos. Por iso este convenio é fundamental, a través del garantimos que a nosa gran xoia estea sempre perfecta para os visitantes, coa axuda da Deputación e da Xunta”. José Luis Suárez resalta a vontade de cooperación de Manuel Baltar: “O seu compromiso é férreo. Sempre está aí, axudando e colaborando”.

Este convenio de colaboración entre Deputación, Xunta e Concello ten como obxectivo a “posta en valor do Castelo de Monterrei”, a través do “mantemento periódico para a control do vexetación, a eliminación da maleza dos arredores da fortaleza e a recollida do lixo. Actuacións que se estenderán a elementos de interese situados no exterior do recinto amurallado como son a fonte o contorno do forte da Atalaia”. O acordo pretende reforzar a imaxe do Concello de Monterrei como destino cultural e artístico, “o que incrementará de maneira directa o fluxo turístico, propiciando repercusións económicas favorables para a comarca, e Galicia”.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas