Home Pontevedra Caldas A historia da Bella Otero protagoniza este xoves o novo faladoiro do...

A historia da Bella Otero protagoniza este xoves o novo faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas” no Museo da Historia de Valga

- Anuncio -

A docente e historiadora galega Encarna Otero será a encargada de lembrar á icona da Belle Époque no acto que comezará ás 19:00 horas e ao que asistirá a deputada provincial de Igualdade, Sandra Bastos

A historia da Bella Otero protagoniza neste mes de novembro o programa da Deputación de Pontevedra “Aquí faltan páxinas”. Este ciclo de relatos sonoros e conferencias naceu da colaboración da institución provincial coa firma O Cable Inglés para dar a coñecer a traxectoria de mulleres galegas extraordinarias relacionadas coa provincia. Este xoves, 16 de novembro, o Museo da Historia de Valga acollerá a partir das 19:00 horas un faladoiro sobre a traxectoria desta bailarina, cantante, actriz e cortesá que revolucionou a Belle Époque en París, que impartirá a historiadora Encarna Otero. No acto participará a deputada provincial de Igualdade, Sandra Bastos, e estará conducido por Marián Fernández, de O Cable Inglés, coordinadora da colección.

A Bella Otero (1868-1965) converteuse nun dos personaxes máis emblemáticos do París da Belle Époque. Mentiu e fabulou para esconder un pasado traumático que a obrigara a fuxir de Valga con só 12 anos, tras unha brutal violación e logrou construírse unha historia calculada para catapultala á fama, á fortuna e ao corazón de ricos e poderosos admiradores aos que xamais conseguiu entregarse por completo, porque lle resultaba imposible confiar nos homes. Segundo ela mesma declarara, a súa verdadeira paixón foi o xogo. Morreu na Costa Azul, apartada do foco público.

O faladoiro estará a cargo de Encarna Otero, historiadora e mestra galega que é autora das entradas sobre a Bella Otero na Galipedia e no “Álbum de mulleres” do Consello da Cultura Galega. É autora así mesmo de varios estudos académicos, de ensaios; novelas xuvenís e tamén obras colectivas. Colabora en diferentes publicacións galegas con artigos sobre a muller na historia.

Ademais da conferencia, a historia da Bella Otero estará tamén dispoñible a partir do xoves no podcast de “Aquí faltan páxinas” (nas principais plataformas de streaming e no sitio web da institución provincial) e figura xa no roteiro virtual que se centra en Valga como lugar clave da provincia da súa biografía. Comeza na parroquia de San Miguel, onde naceu e onde viviu da caridade ata os 12 anos. O percorrido segue na súa casa natal, hoxe reconvertido no Museo da Historia no que a historia de Carolina Otero ten un protagonismo especial, e no parque Irmáns Dios Mosquera, onde unha estatua do artista Camilo Rodríguez Vidal lembra á bailarina. Neste parque, xunto á figura de Otero está tamén a camelia que leva o seu nome, creada no 2000 por Rosa Crespo e Jaime Escofet, e que se cultiva tamén na Estación Fitopatolóxica Areeiro da Deputación e está presente nos xardíns do Castelo de Soutomaior. O Concello de Valga celebra cada ano en febreiro a Exposición da Camelia Bella Otero.

O proxecto “Aquí faltan páxinas” inclúe unha antoloxía de 12 podcasts, un por cada mes deste 2023, para pór en valor os logros de María Soliña, Elisa Patiño, Olimpia Valencia, Maruja Mallo, Concepción Arenal, Antonina Sanjurjo, María Vinyals, Ernestina Otero, Ángeles Alvariño, Isabel Barreto, Carolina Otero e Sofía Novoa.

Relacionadas

A Festa do Choco contará cun Punto Violeta e horarios con baixa emisión de...

0
Redondela prepárase para celebrar a Festa do Choco, e faino cunha coidada programación que inclúe non só unha excelente oferta gastronómica, senón tamén unha...

A Biblioteca Municipal de Salvaterra reforza o seu horario de cara ós exames

0
O horario será continuo dende o 14 de maio e ata 5 de xullo para todos os estudantes que preparan os exames de ABAU...

Sesión dobre con Abraham Cupeiro no auditorio municipal do Rosal

0
Tras o éxito de acollida do concerto que se celebrará o sábado 11 ás 20.30 horas, Agrupación Musical do Rosal abre a reserva para...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Concello e Deputación abordan a transformación das estradas de Santa Ana e da Barrosa

0
A alcaldesa e o presidente provincial mantiveron un encontro no que abordaron neste proxecto prioritario, a conexión máis importante que a Deputación ten pendente...

Luis López destaca o compromiso da Deputación co galego nun encontro co presidente da...

0
O presidente recordou o apoio provincial para fomentar publicacións en galego como mostra do compromiso para seguir tendendo pontes pola defensa da lingua O presidente...

Publicacións Relacionadas