Home Pontevedra Baixo Miño Concello e Deputación abordan a transformación das estradas de Santa Ana e...

Concello e Deputación abordan a transformación das estradas de Santa Ana e da Barrosa

- Anuncio -

A alcaldesa e o presidente provincial mantiveron un encontro no que abordaron neste proxecto prioritario, a conexión máis importante que a Deputación ten pendente no Rosal

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, reuniuse este martes co presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, nun encontro que forma parte da estratexia do Concello para manter unha colaboración proactiva e fluída coas institucións supramunicipais. Durante esta reunión de traballo, a rexedora e o concelleiro de Vías e Obras, Germán Fernández, afondaron na necesidade de dar continuidade á transformación das estradas de Santa Ana e da Barrosa, na EP 3302, “un proxecto totalmente prioritario por consenso social que permitirá conectar o centro con gran parte dos barrios do Rosal”.

Concello e Deputación acordaron “revisar e actualizar o proxecto xa existente para a mellora da mobilidade peonil e ciclable nesta estrada, unha iniciativa que permitiría a toda a veciñanza desprazarse a pé ou en bicicleta con total seguridade por unha vía que actualmente rexistra un tráfico considerable”, destacou Fernández Callís.

Trátase dunha senda de 1,3 quilómetros que podería ser abordada e executada en dúas fases distintas e que supón a actuación máis importante que lle quedaría pendente no Rosal á Deputación de Pontevedra tras o remate da senda entre Tabagón e As Eiras, a piques de rematar a súa segunda fase de execución. A alcaldesa emprazou ao presidente provincial a visitar O Rosal para coñecer de primeira man esta senda peonil de case 3,5 km coa que se recuperan espazos para as persoas, se fomenta unha mobilidade sostible e se melloran as posibilidades de comunicación no rural dun xeito seguro.

A alcaldesa quixo agradecer ao presidente da Deputación a súa predisposición a colaborar e seguir traballando para facer crecer e mellorar O Rosal. “Para nós é un pracer ter o apoio e a colaboración dos organismos supramunicipais para ofrecer á nova veciñanza un concello máis sostible, no que prime a calidade de vida de rosaleiros e rosaleiras”, recalcou.

Durante o encontro, Fernández Callís e López tamén abordaron a colaboración noutros proxectos relevantes solicitados polo Goberno municipal, como o proxecto de mellora de camiños en Marzán, que permitirá a transformación de moitas rúas da contorna deste barrio como o do Xogo ou o da Cangostra. A Deputación aprobará este venres en Xunta de Goberno unha subvención de 126.000 euros a través do programa + Provincia para financiar estas melloras.

O Concello do Rosal tamén solicitou axudas para outros proxectos vitais para o municipio, como o cambio do pavimento do patio da escola infantil, e ten concedidos outros 34.000 euros ao abeiro do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas para a modernización e cambio do videomarcador no pavillón municipal. 

Relacionadas

A Deputación convoca un concurso escolar para animar aos mozos a participar no deseño...

0
“Deseña a túa provincia con Minecraft”, “Challenge Kahoot!: Coñece a Axenda Urbana” e “Caderno da Axenda Urbana” están dirixidos ao alumnado de educación primaria,...

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, na inauguración do Congreso Flúor

0
O vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, acaba de participar na inauguración do Congreso Flúor, no que o publicista Lluis Bassat encargouse de pronunciar a...

O Concello de Nigrán prepara un dispositivo especial de San Xoan que prohibirá e...

0
O CONCELLO DE NIGRÁN PREPARA UN DISPOSITIVO ESPECIAL DE SAN XOAN QUE PROHIBIRÁ E SANCIONARÁ FACER BURATOS NA PRAIA Policía Local, Protección Civil e Garda...

Luis López reafirma o compromiso da Deputación para mellorar a estrada entre Amoedo e...

0
O presidente provincial mantén unha reunión de traballo co rexedor Luciano Otero, na que lle avanzou da aprobación dunha subvención de 122.000 euros do...

O Concello de Nigrán insta ao Parlamento a que tramite de xeito urxente unha...

0
María Jesús Seoane, vicepresidenta de AGAELA e ex-traballadora do Concello de Nigrán , leu a moción ante a ovación dos seus antigos compañeiros e...

Covelo felicita a Leonor polo seu 101 aniversario

0
Leonor cumpre hoxe 101 anos na compaña do persoal da residencia de maiores de Covelo e das e das residentes. Esta veciña de Sabarís,...

Publicacións Relacionadas