HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA vicepresidenta Luisa Sánchez asiste ao acto de recepción do Corpo Consular...

A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste ao acto de recepción do Corpo Consular de Vigo ás autoridades galegas

- Anuncio -spot_img

A vicepresidenta Luisa Sánchez asistiu este venres no Pazo da Raposeira (Vigo), en representación da Deputación de Pontevedra, ao acordo de recepción de autoridades galegas organizado polo Honorable Corpo Consular de Galicia en Vigo. O acto foi un encontro institucional para celebrar os lazos de cooperación e amizade entre ambas as dúas partes. Vigo conta na actualidade con 20 consulados, case todos eles honorarios agás os da Arxentina, Portugal e Venezuela, e sendo esta a súa maior cifra histórica trala chegada este ano de Irlanda e os Países Baixos.

Sánchez remarcou a importancia destas xuntanzas “para promover escenarios de encontro entre entidades que traballamos para fomentar o benestar das nosas veciñas e veciños, para que teñan máis oportunidades e vivan en lugares con maior prosperidade”. Ademais enxalzou esta iniciativa por servir para “poñer en valor o importante que é sumar esforzos, sinerxías e tender pontes”. Neste eido amosou a vontade da Deputación de Pontevedra de estreitar os lazos da colaboración “para poder seguir avanzando, xuntas e xuntos, e que esta terra tan fermosa na que vivimos siga a ser un espazo de encontro e de futuro”.

Publicacións Relacionadas