Home O Condado As Neves Luis López anima a participar na Festa do Requeixo e o Mel...

Luis López anima a participar na Festa do Requeixo e o Mel das Neves, unha cita que “dinamiza a economía local e consolida ás Rías Baixas como destino gastronómico”

- Anuncio -

O presidente da Deputación, acompañado pola deputada de Turismo Nava Castro,  participou este mércores na presentación da edición número 31 desta festa, que contou cunha exhibición do chef con estrela Michelin, Iñaki Bretal, na sede de Vigo

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, animou a toda a cidadanía e ás persoas que visitan nesta Semana Santa a provincia a achegarse os vindeiros 29 e 30 de marzo ás Neves para desfrutar Festa do Requeixo e do Mel, que leva 31 anos celebrándose neste concello. “O requeixo e o mel das Neves son xa un emblema da nosa cultura e gastronomía. Dous produtos 100 % Rías Baixas que contribúen a facer da nosa provincia, como recoñece National Geographic, un dos cinco mellores destinos gastronómicos do país”, afirmou Luis López durante a presentación deste evento gastronómico que tivo lugar este mércores na sede de Vigo da Deputación, na que o presidente provincial estivo acompañado pola deputada de Turismo, Nava Castro; e o rexedor das Neves, Jose Manuel Alfonso.

O mandatario provincial salientou a importancia das festas gastronómicas como motores para impulsar a economía local e o turismo, pero tamén, especialmente en municipios como As Neves, para facer fronte ao reto demográfico. “Falamos dun evento que dinamiza a economía local, desde a gandería ata o comercio, dunha festa que atrae visitantes de dentro e fóra das nosas fronteiras e dunha celebración que consolida e enriquece ás Rías Baixas como destino turístico gastronómico”, argumentou López.

A presentación contou tamén cunha exhibición do cociñeiro pontevedrés con estrela Michelin Iñaki Bretal, que empregou o requeixo e o mel das neves para elaborar un prato de alta cociña. “Os teus compañeiros de profesión e os alumnos aos que ensinades no Carlos Oroza, tamén tedes boa parte de mérito no éxito que está a ter a nosa provincia como destino turístico. Grazas ao voso labor podemos dicir que somos un paraíso gastronómico”, personalizou Luis López na figura de Iñaki Bretal para expresar o agradecemento da Deputación polo labor do sector da restauración e a gastronomía da provincia.

Despois de facer fincapé na tradición dunha celebración que acumula xa 31 edicións e que pon en valor dous produtos 100 % Rías baixas como son o requeixo e o mel, Luis López quixo tamén poñer en valor o traballo do alcalde Jose Manuel Alfonso e o seu equipo de goberno no Concello das Neves. Un goberno ao que Luis López volveu tender a man da Deputación. “Nese camiño de avance, a Deputación será un socio leal”, díxolle o presidente citando algúns dos proxectos que o ente provincial ten en marcha neste municipio como é o apoio á celebración desta festa gastronómica, o convenio de colaboración para a humanización da Praza de Santa María de Liñares ou a posta en marcha neste Concello do HUB de loita contra a fenda dixital e a soidade non desexada no medio rural.

“Se hai algo que caracteriza as festas gastronómicas como a do Requeixo e o Mel das Neves é que son sinónimo de unión, puntos de encontro e de confraternidade. Tres principios que rexen a nosa acción de goberno e que tamén dan sentido ao labor que realizamos desde esta sede da Deputación en Vigo”, concluíu Luis López, antes de reiterar a invitación a desfrutar desta festa a todo o mundo.

Relacionadas

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa...

0
Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o...

Publicacións Relacionadas